xoves, 28 de novembro de 2024

ATRAVESANDO A FRICIÓN


 Atravesando a Fricción:

 Síndrome de Pinzamento Femoroacetabular


Que é o pinzamento femoroacetabular?

O pinzamento femoroacetabular é un problema na cadeira que ocorre cando existe unha variación na forma deses ósos da articulación. Isto fai que a cabeza do fémur e o acetábulo (a parte da pelve onde encaixa o fémur) rocen máis do normal. Para que a cadeira se mova ben, estas partes deben encaixar e moverse con suavidade. Se chocan de forma anormal, poden danarse co tempo, causando unha dor intensa e punzante na zona da ingle.

Distinguimos dous tipos deste síndrome:

  • Tipo de Cam: A anomalía localízase no fémur. Hai unha desviación na unión entre a cabeza e o pescozo. Isto impide a totalidade do movemento, e a elevación do fémur choca co labrum (envoltura de fibrocartílago articular), danando a cartilaxe con cada contacto entre eles.
  • Tipo Pinzer: Neste caso é no acetábulo onde se atopa a principal anomalía. Hai sobrecuberta da cabeza femoral pola copa.

Na maioría dos pacientes, hai unha combinación das dúas deformidades.

Que causa a síndrome de pinzamento femoroacetabular?

A síndrome de pinzamento femoroacetabular pode resultar de dificultades de desenvolvemento na articulación da cadeira na infancia, como a enfermidade de Perthes ou a epifiseólise da cadeira. Non obstante, adoita ser causada por factores xenéticos. Os síntomas adoitan depender da actividade física realizada. De feito, ata o 50 por cento das persoas con problemas de cadeira non teñen síntomas. Esta síndrome afecta principalmente a persoas novas e activas, sobre todo a aquelas que practican deportes que requiren movementos extensos da cadeira, como ximnasia, artes marciais ou atletismo.

Cales son os síntomas da síndrome de pinzamento femoroacetabular?

Os síntomas adoitan aparecer nos deportistas debido ao uso excesivo da articulación. Cando aparecen os síntomas, adoita ser un sinal de que xa hai danos na cartilaxe ou no labrum. Os síntomas máis frecuentes son:

  • Dor relacionada coa actividade física en adultos novos. Empeora cos movementos que limitan o espazo articular como a flexión (ao agacharse), a adución (cruzar as pernas).
  • A rixidez articular é outro síntoma característico que aparece antes da dor. Os movementos que máis se perden son a capacidade de flexión e a rotación interna.

Como se trata a síndrome de pinzamento femoroacetabular?


O diagnóstico da síndrome de pinzamento femoroacetabular baséase no exame físico e probas de imaxe. Realízase unha "proba de impacto" para reproducir a dor na cadeira. Ademais, a resonancia magnética e a artrorresonancia poden axudar a avaliar as lesións dos tecidos brandos como o labrum ou a cartilaxe.

O tratamento da síndrome de pinzamento femoroacetabular busca eliminar a fricción entre as estruturas da cadeira para reducir a dor e evitar o desenvolvemento da artrose. Se a lesión é leve e a dor non é grave, pódese comezar cun tratamento conservador, como reducir a actividade física, evitar certos exercicios e facer fisioterapia. As inxeccións de ácido hialurónico tamén se poden usar para aliviar a dor e mellorar a cartilaxe.

Se o tratamento conservador non funciona ou a lesión é máis grave, recoméndase a cirurxía. A artroscopia de cadeira permítelle corrixir deformidades e reparar o labrum con pequenas incisións. Se a artroscopia non é posible, pódese realizar unha cirurxía aberta. En casos avanzados con danos cartilaginosos, elíxese unha prótese de cadeira.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...