DEFINICIÓN
A fascíte plantar caracterízase por dor no talón. Chámase fasciíte plantar xa que é unha
inflamación do tecido conxuntivo groso da planta do pé.
A fascíte plantar
comeza dende a parte inferior do calcáneo e vai cara ao metatarso. Cando a
fascia plantar se inflama, que normalmente ocorre na parte de inserción do
calcáneo, provoca unha dor que ao principio é suave e só doe de vez en cando. Pero
a medida que vai pasando o tempo o tecido comeza a engrosarse e causa unha
patoloxía.
As veces pode ser unha patoloxía xenética.
CAUSAS
A inflamación prodúcese cando a fascia está estirada ou sobrecargada, o que
pode ser moi doloroso e ter dificultades para camiñar.
Pode ser causado por:
• Problemas co arco do pé (tanto pé plano como pé cavo).
• Ter un tendón de Aquiles tenso.
A fasciíte plantar é unha das enfermidades máis comúns na planta do pé.
Pode darse tanto en mulleres como en homes.
Unha das mellores formas de detectalo é mediante radiografías onde se pode
indicar exactamente onde está o problema.
SÍNTOMAS
Uns dos síntomas máis comúns son ter unha dor punzante e rixidez na parte
inferior do talón. Tamén pode presentarse dor ao levantarse pola mañá ou
despois de estar un bo rato en repouso ser moverse.
A dor pode aparecer lentamente ao longo do tempo ou aparecer rapidamente
despois dunha actividade intensa.
TRATAMENTO
A dor non pode
desaparecer así dun día para outro, nin desaparecerá nunca. Pero hai unha serie
de tratamentos que poden axudar a reducir a dor:
· Tomar paracetamol ou ibuprofeno axudará a reducir a dor e a inflamación.
· Exercicios
fisioterapéuticos de quecemento do talón e do pé.
· Usar
calzado axeitado e plantillas feitas a medida (ortopédicos).
DIAGNÓSTICO
O diagnóstico de fascite plantar demóstrase mediante antecedentes médicos e un exame físico. Durante o exame, o médico comprobará as zonas sensibles do teu pé. A localización da dor pode axudar a decidir a súa causa.
Paula Bravo Camiña 1ºBACH
Ningún comentario:
Publicar un comentario