A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería de ser.
Exposición prolongada a glucocorticoides.
CAUSAS
Esta enfermidade é provocada por un tumor ou crecemento excesivo da hipófise, esta glándula está localizada xusto debaixo da base do cerebro. Un tipo de tumor da hipófise chamado adenoma é a causa máis común.
A hipófise secreta demasiada ACTH, que estimula a produción de cortisol, a hormona do estrés.
SÍNTOMAS
Os síntomas que presenta a enfermidade de cushing son os seguintes:
- Obesidade da parte superior do corpo (por enriba da cintura) e extremidades delgadas.
- Cara redonda, vermella e chea.
- Taxa de crecemento lento nos nenos.
- Acné o infeccións da pel
- Estrías
- Pel delgada propensa á formación de hematomas.
- Dor de lombo mais nos ósos
- Acumulación de graxa entre os ombros.
- Decaemento dos ósos, facilidade de fractura.
- Músculos débiles.
DIAGNÓSTICO
Primeiro fanse diferentes exames para confirmar a presenza de demasiada cantidade de cortisol, que son os seguintes:
- Cortisol libre en urina de 24 horas.
- Proba de inhibición con dexametasona (dose baixa).
- Niveles de cortisol na saliva.
- Nivel de ACTH no sangue.
- Resonancia magnética do cerebro.
- Proba da hormona liberadora de corticotropina.
- Proba de inhibición con dexametasona (doses alta).
- Mostra do seno petroso inferior, que mide os niveis de ACTH nas veas que drenan a hipófise en comparación coas do tórax.
- Proba de glicosa na sangue en xaxún e A1C para diabetes.
- Probas de lípidos e colesterol.
- Exame de densidade mineral ósea para detectar osteoporoses .
TRATAMENTO
O tratamento para esta enfermidade implica a extirpación cirúrxica do tumor hipofisario. Despois da cirurxía, a hipófise pode comezar lentamente a funcionar de novo e retornar á normalidade.
A radioterapia na hipófise tamén se pode utilizar se o tumor non se extirpou por completo.
No caso de que o tumor non responda á cirurxía o á radiación, é probable que se precise de medicamentos para impedir que o corpo produza cortisol. E no caso que estes tratamentos non teñan éxito, é posible que sexa necesario extirpar as glándulas suprarrenais para que estas deixen de producir os altos niveis de cortisol.
PROGNÓSTICO
No caso de que non se trate, a enfermidade de Cushing pode provocar un padecemento grave e incluso a morte. A extirpación do tumor pode levar a unha recuperación completa, pero o tumor pode crecer novamente.
https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000348.htm
No seguinte vídeo podemos atopar máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario