- Que é?
A contractura de Dupuytren é unha afección que fai que un ou máis dedos se dobren cara a palma da man. Os dedos afectados non se poden estirar por completo.
Fórmanse nós de tecido debaixo da pel. Finalmente os nós forman un cordón groso que que pode tirar dos dedos e facer que queden flexionados. Co tempo a afección empeora progresivamente, pode complicar as accións cotiás como meter as mans nos bolsos, poñerse luvas ou estreitarlle a man a alguén para saudar.
- Síntomas
- Fases da contratura de Dupuytren
- Etapa inicial: Antes de que os dedos comecen a flexionarse, o tecido que pasa por debaixo da pel comeza a engrosar e formar nódulos que se poden sentir ao tocar a zona afectada. Tamén aparecen pequenos cortes na palma da man e un engrosamento nos cotelos da man.
- Etapa de desenvolvemento: A medida que a patoloxía avanza, os bultos pódense sentir con maior determinación, incluso é posible empezar a notar con firmeza a corda do tecido engrosado que pasa pola palma da man e é o que produce a posterior contracción ou encollemento da articulación.
- Etapa avanzada: Na etapa máis avanzada os dedos comezarán a flexionarse involuntariamente e será inmediato realizar unha intervención para mellorar a calidade de vida e liberar as articulacións que manteñen os dedos en tensión.
- Causas
A causa é descoñecida. Esta afección adoita herdarse, ademais é máis común nos homes ca nas mulleres e vólvese máis común despois dos 40 anos de idade.
- Factores de risco
- Idade: A contractura de Dupuytren ocorre con maior frecuencia despois dos 40 anos.
- Sexo: Os homes son moito máis propensos a desenvolvela ca as mulleres. Nos homes os síntomas poden ser peores e progresar con maior rapidez.
- Orixe: As persoas de ascendencia de Europa do norte teñen maior risco de desenvolver a enfermidade.
- Antecedentes familiares: Esta afección con frecuencia é hereditaria.
- Profesión: Algúns estudos mostran a conexión entre a contractura de Dupuytren e os traballadores que utilizan ferramentas que vibran.
- Diabetes: As persoas que padecen de diabetes teñen un maior risco de desenvolver esta afección.
- Consumo de tabaco e alcohol: Fumar tabaco e beber alcohol fomenta o risco de padecer esta patoloxía.
- Probas
O médico de cabeceira examinará as mans do paciente. Xeralmente pódese facer un diagnóstico a partir das típicas sinais que relevan á afección. Poucas veces se requirirán outras probas. O médico pode examinar tamén os pés e outras partes do corpo xa que en ocasións pouco comúns, esta patoloxía pode desenvolver en diferentes áreas do corpo.
- Tratamento
- Expectativas (pronóstico)
- Posibles complicacións
Limia Portas Oubiña 1º BACH B
Ningún comentario:
Publicar un comentario