A rótula é un óso vulnerábel, é dicir fráxil.Encóntrase na parte frontal do xeonllo.Se caemos directamente sobre o xeonllo ou recibimos un golpe pódese romper.
DIAGNÓSTICO
- Historia clínica: o médico preguntarache como ocorreu a lesión e que síntomas estás experimentando.
- Exame físico: o médico fará un exame físico completo do xeonllo afectado.
- Radiografías: esta é a proba máis utilizada para confirmar a fractura da rótula. As imaxes de raios X poden mostrar a fractura e a súa gravidade.
SÍNTOMAS E DIFICULTADES
Se fracturamos a rótula as dificultades poden ser moi diversas:
- Dor intenso
- Inchazón
- Hematomas.
- Dificultade para estirar o xeonllo.
- Non tes estabilidade, é dicir, non poder camiñar.
FRACTURAS DA RÓTULA
Algunhas fracturas patelares simples pódense tratar cun xeso ou cunha férula ata que o óso se consolide.Pero na maioría das fracturas os fragmentos óseos desprázanse cando se produce a lesión, neste caso necesitaríase cirurxía para recuperar e estabilizar a rótula.
TIPOS DE FRACTURAS ROTULIANAS
- Fractura estable:o óso esta roto pero os fragmentos non se desprazaron, isto permite unha recuperación máis sinxela, que se pode tratar inmobilizando o xeonllo e evitando poñerlle peso.
![]() |
Fractura estable |
- Fractura desprazada: os fragmentos óseos están desprazados, este tipo de fractura require cirurxía.
![]() |
Fractura desprazada |
- 3.Fractura conminuta: o óso rompe en varias pezas.Dependendo como se rompa pode ser estable (mantense no sitio) ou inestable (que se move do sitio).
![]() |
Fractura conminuta |
- Fractura aberta: o óso rompe pero tamén dana a pel e tecidos do arredor, o que permite que o exterior estea en contacto coa fractura.
![]() |
Fractura aberta |
- Tratamento non cirúrxico: para fracturas non desprazadas ou minimamente desprazadas.
- Inmobilización: só precisa inmobilizar o xeonllo cun xeso ou unha férula.
- Fisioterapia: unha vez que a fractura comece a curar, a fisioterapia pode ser útil para restaurar a forza,e a función do xeonllo. Algúns exercicios poden ser útiles para axudar a mellorar a mobilidade e estabilidade das articulacións.
- Tratamento cirúrxico: para fracturas máis graves ou desprazadas.
- Redución aberta e fixación interna: Pode ser necesaria unha cirurxía para realiñar a rótula e fixala no seu lugar con placas ou parafusos.
- Artroscopia: Nalgúns casos, especialmente se hai lesións extras na articulación do xeonllo, como roturas de ligamentos, o cirurxián pode decidir realizar unha artroscopia para tratar estas lesións ao mesmo tempo.
![]() |
Parafusos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario