O fígado é un órgano no aparato dixestivo formado principalmente por hepatocitos que cumpre funcións moi importantes: Descompón e almacena moitos nutrientes que absorbe o intestino, Segrega unha sustancia chamada bile ao intestino para axudalo coa absorción de nutrientes e produce a maioría de factores que regulan a coagulación. As variadas bacteria do fígado son as que causan os tumores, pero entre as distintas causas está tamén o excesivo consumo de alcohol e tabaco porque pode producir Cirrose que é unha enfermidade na que as células do fígado danado foron substituídas por tecido cicatrizado
TIPOS DE CANCRO DE FÍGADO
Neste apartado comentarei os tipos de cancro de fígado principais, aquí podes ver os tipos de cancro secundario e primario con máis información.
- Carcinoma Hepatocelular: É o tipo de cancro de fígado máis común nos adultos, xeralmente comeza sendo pequeno es crece nun único lugar expandíndose pero tamén pode aparecer en varias partes ao mesmo tempo e non crecer tanto.
- Colangiocarcinoma intrahepático: É un tipo de cancro menos común, orixínase nas células que revisten os condutos biliares dentro do fígado inda que tamén pode orixinarse por fora.
- Anxiosarcoma: É un tipo de cancro no que case non existen casos, afecta ás persoas que foron expostas ao Arsénico ou ao Dióxido de Torio, este tipo de cancro crece moi rápido e cando se detectan xa é tarde para ser extirpados cirurxicamente, o único que sirve a quimioterapia pero non é seguro que funcione.
TRATAMENTO CONTRA O CANCRO DE FÍGADO
Hai moitas formas de tratar o cancro de fígado aquí podes ver todos os existentes pero centrarémonos nos mais comúns.
- Cirurxía. Elimínase a parte do fígado infectada polo tumor e un pouco da parte san que a rodea, a parte que queda do fígado ocupa a función e a veces volve a crecer.
- Terapia de Ablación. Extráese ou destrúese tecido de distintas formas
- Radiofrecuencia: Introdúcense agullas especias pola pel o unha incisión no abdome, despois úsanse ondas de radio para quentar as agullas e que destrúan as células.
- Inxección de Etanol: Úsase unha agulla pequena para inxectar etanol sobre as células infectadas e eliminalas.
- Terapia de Microondas: Neste tratamento úsase un microondas para expoñer ao calor ao tumor e eliminalo ou debilitalo para que os medicamentos e outros tratamentos sexan máis eficaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario