Que é exactamente a narcolepsia?
A narcolepsia é unha afección, a cal xera somnolencia durante o día. Esta afección, ademais, pode facer que unha persoa poida quedarse durmida rapidamente. Hai algunhas persoas que sofren outros síntomas, como por exemplo debilidade muscular en canto senten sentimentos intensos, os cales poden ser un risco e causar efectos moi graves para a vida diaria.
Síntomas desta patoloxía
A narcolepsia é precisamente unha alteración de sono, o seu principal síntoma é a somnolencia excesiva diúrna, a cal pode chegar a ser moi forte e, incluso, brusca. Este síntoma soe estar acompañado por perdas do ton muscular voluntario (cataplexia), sen perda de consciencia, e asócianse a accións e emocións intensas. Outros síntomas son as alucinacións que ocorren no inicio ou ao espertar do sono e, tamén, episodios curtos de dunha parálise total no comezo ou final deste. Hai pacientes que amén presencian un espertar frecuente mentres dormen pola noite. Por estas razóns esta patoloxía é considerada un trastorno de límites normais entre estados do sono e espertar.
- Narcolepsia tipo un: cataplexia que pode ser causada por emocións intensas.
- Narcolepsia tipo dous: neste tipo non hai cataplexia como síntoma principal.
As causas deste trastorno aínda son descoñecidas. A súa orixe descoñécese, pero parece que se pode relacionar con niveis baixos de hipocretina (orexina), a cal é unha hormona cerebral que axuda a controlar o período no que estamos espertos e as fases do sono REM. Cando unha persoa é catapléxica, estos niveis son moi baixos. Pénsase que o descenso dos mesmos pode ser causada pola reacción autoinmune, a cal destrúe células produtoras da hipocretina.
· Historia clínica: cadro de hipersonmia diúrna persistente, parálise do sono, alucinacións hipnagóxicas visuais.
· Estudio do sono
· Test de Latencias Múltiples
· Determinación da HLA
· Determinación de hipocretinas ubicadas no líquido cefalorraquídeo.
Tratamentos para a narcolepsia
A narcolepsia non ten cura actualmente, pero si hai medicamentos para controlala, os cales varían co individuo e gravidade, polo cal encontrar o tratamento idóneo pode levar tempo. Hai máis opcións para controlar este trastorno sen ser farmacolóxicamente, como as conductas e cambios na vida cotiá, e non só os síntomas, tamén ayudan a enfrentar os efectos do trastorno e, por conseguinte, mellora no desempeño do oficio, ámbito social e o escolar.
Tratamentos farmacolóxicos:
> Estimulantes para o Sistema Nervioso Central (SNC)
> Antidepresivos
> Depresores do Sistema Nervioso Central.
Tratamentos non farmacolóxicos:
> Evitar niveis altos de estrés
> Programación de siestas diarias duns vinte minutos
> Mantemento dun horario regular do sono
> Evasión de bebidas con cafeína e teína
> Eliminación de tabaco e alcol ou evitar o consumo destos varias horas antes de acostarse
> Manter un ambiente cómodo e tranquilo
> Realizar actividades relaxantes
> Establecemento dunha serie de rutinas anteriores ao sono que indiquen que se vai acercando a hora de acostarse
> Facer exercicio regularmente, a poder ser trinta minutos ao día, con luz solar, pola tarde e tres ou catro horas antes de deitarse
> Evadir o uso de pantallas antes de meterse na cama
> A fame e comidas copiosas alteran o sono, polo cal cenar unha ou dúas horas antes de durmir xa que poden causar dixestión pesada e dar a unha dificultade para conciliar o sono. Tamén hai que evitar o chocolate e alimentos ácidos, se tes fame antes de durmir o mellor será que comas algo lixeiro (iogur, queixo...).
Quen ten máis probabilidades de ter narcolepsia?
A narcolepsia pode presentarse tanto en varóns coma en mulleres entre os sete e vinte e cinco anos. Os factores que inflúen nela son:
- Trastornos autoinmunitarios
- Antecedentes familiares
- Lesións musculares.
Esperanza de vida na narcolepsia
A narcolepsia cando xa está desenvolvida, unha persoa a terá de por vida. Os síntomas difiren entre as persoas e poden mellorar ao longo do tempo, pero non desaparecen. Este trastorno non afecta á esperanza de vida porque os síntomas non empeoran, pero hai que ter coidado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario