xoves, 5 de xuño de 2025

CANDO O CORPO CONFUNDE AO CEREBRO: EM


 A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central. Nesta enfermidade, o noso sistema inmune ataca á mielina, que é unha sustancia que recobre/protexe as fibras nerviosas. Este ataque causa interrupcións na transmisión dos impulsos nerviosos.

A súa causa non é coñecida con exactitude pero pénsase que afecta a xenética e o ambiente. Tamén pode ser provocada por infeccións de virus en persoas que xa teñan certa predisposición.

Os síntomas máis comúns desta enfermidade son:

  • Fatiga esaxerada.
  • Perda de equilibro e coordinación.
  • Debilidade nos músculos.
  • Visión borrosa/doble.
  • Entumecemento.
  • Problemas coa memoria ou a concentración.

En canto ao diagnóstico soen realizar as seguintes probas:

  • Punción lumbar: para analizar o líquido cefalorraquídeo.
  • Resonancia magnética: detecta lesións no cerebro e na medula.
  • Probas visuais: para ver a velocidade da resposta nerviosa.

A enfermidade non ten cura, pero si que hai tratamentos que axudan a controlar os seus síntomas e a frear un pouco o avance: medicamentos inmunomoduladores, corticoides, fisioterapia, rehabilitación…

Algúns datos curiosos son que afecta máis ás mulleres que aos homes, que normalmente aparece entre os 20 e os 40 anos e que hai varios tipos (progresiva, remitente…)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...