A osteonecrose trátase dunha enfermidade a cal consiste na morte de calquera oso por consecuencia dun rego sanguíneo insuficiente. Despois dun tempo, o oso acaba por colapsar. Se esta enfermidade non se trata a tempo a articulación acabara por deteriorarse, acabando en artrose grave. Esta enfermidade pódese dar en calquera parte do corpo, pero e mais común que apareza na cadeira e nos ombro, inda que tamén pode afectar a outras articulacións grandes como a rodeilla, o cóbado ou a moneca.
Causas:
Esta enfermidade pode aparecer por dúas causas diferentes, por culpa doutra enfermidade ou por un traumatismo grave como unha fractura ou dislocación, o cal afecta ao rego sanguíneo do oso afectado.
A osteonecrose tamén pode aparecer sen ter ningunha enfermidade ou lesión, e dicir sen presentar ningunha causa coñecida, neste caso se lle denomina con outro nome: Osteonecrose idiopática.
Nestes casos as causas posibles serias as seguintes:
- Uso de esteroides intravenosos ou orais.
- Consumo excesivo de alcohol.
- Anemia ou calquera outra enfermidade que cause coagulación na sangue.
- VIH ou os seus tratamentos.
- Quimioterapia ou Radioterapia.
Síntomas principais:
Ao principio desta enfermidade non se presentan ningún tipo de síntomas, se non que van aparecendo a medida que o oso se van descompoñendo. Os síntomas máis significativos son:
- Dor na articulación que se ira agravando a medida que vai avanzando a enfermidade.
- Dor incluso estando en repouso.
- O movemento da articulación vai diminuíndo.
- Unha vez que a enfermidade vai incrementando van aparecendo síntomas de artrose na articulación do oso afectado.
Tratamentos:
Se o paciente coñece a orixe da enfermidade, parte do tratamento será enfocado niso. Se a enfermidade descúbrese precozmente a persoa tan só terá que tomar analxésicos e procurar non forzar a zoa afectada, utilizando muletas se a zoa afectada é a cadeira, xeonllo ou nocelo.
A solución mais eficaz para a osteonecrose é a cirurxía, que pode ser de varias formas:
- Un enxerto óseo.
- Un enxerto óseo vascularizado (un enxerto óseo con rego sanguíneo)
- Extirpar parte do oso para diminuír a presión
- Reemprazo da articulación.
Probas e exames:
O primeiro paso e facer un exame físico ao paciente para descubrir que tan avanzada está a enfermidade, despois o medico pasará a facer os seguintes exames:
- Radiografía
- Resonancia magnética
A osteonecrose pode dende unha recuperación completa ata un dano permanente do oso afectado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario