mércores, 18 de decembro de 2024

PAGET: O INEMIGO INVISIBLE

 


A enfermidade de Paget ou osteíte deformante é un trastorno óseo crónico que interfire no proceso natural de renovación dos ósos. Prodúcese unha descomposición excesiva e un novo crecemento óseo. Debido a que os ósos volven a crecer demasiado rápido, son máis grandes e máis suaves do normal o que provoca unha maior tendencia a sufrir deformacións e fracturas. En xeral, a enfermidade de Paget afecta só a poucos ósos onde os máis comúns son a pelve, o cranio, a columna vertebral e as pernas. 

Non se sabe con certeza a causa desta enfermidade pero moitos estudos relaciónaa con factores ambientais e cos antecedentes familiares. Ademais os riscos de contraer a enfermidade aumenta coa idade.

A maioría dos afectados pola osteíte deformante non presentan síntomas, a queixa máis común é dor de ósos. Pero existen outros síntomas cando a enfermidade xa está moi avanzada, como:



  • Dor de cadeira 
  • Entumecemento de brazos e pernas
  • Dores de cabeza
  • Arqueamento dos ósos das pernas




A enfermidade de Paget tamén pode provocar outras complicacións, como:

  • Insuficiencia cardíaca 
  • Pedras nos riles
  • Problemas do sistema nervioso
  • Osteosarcoma
  • Perda da visión
  • Dentes soltos
  • Axuda que as fracturas curen
  • Reemprazar articulacións danadas por artrites grave
  • Realiñar os ósos deformados
  • Reducir a presión sobre os nervios
  • Artrite


Non é moi recomendable introducirse a unha operación xa que a enfermidade de Paget fai que o corpo produza  demasiados vasos sanguíneos nos ósos afectados, aumentando o risco de perda grave de sangue durante a operación.Pero en determinados casos pode ser preciso, como:

  • Permitir que las fracturas curen nunha mellor posición
  • Reemprazar articulacións como o xeonllo e a cadeira  cando hai artrite severa
  • Realiñar un óso deformado para reducir o dor nas articulacións que soportan peso, especialmente os xeonllos
  • Reducir a presión sobre un nervio se o agrandamento do cranio ou as lesións da columna afectan ó sistema nervioso.


Para facer un diagnóstico, o profesional da saúde pode utilizar radiografías, gammagrafías óseas ou  análises de sangue con fosfatasa alcalina.Unha vez diagnosticada os medicamentos máis comúns para tratar esta enfermidade son os bisfosfonatos, medicinas que tamén se utilizan para tratar a osteoporose. Os bisfosfanatos pódense administrar en vea ou vía oral. Os administrados por vía intravenosa máis comúns son Aredia,Boniva, Zometa ou Reclast.Por vía oral os máis comúns son o Fosamax, o Binosto, Actonel ou o Atelvia.Un dos efectos secundarios son o aumente de risco dunha afección pouco común na cal unha sección da mandíbula morre e se deteriora.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...