QUE É O OSTEOSARCOMA?
O osteosarcoma é un tipo de cancro que se orixina nas células formadoras do óso chamadas osteoblastos. É o sarcoma óseo máis común e adoita presentarse en adolescentes e adultos novos.
Este cancro pódese atopar en calquera óso, pero especialmente pode aparecer nos ósos longos das pernas e ás veces, nos brazos. En casos raros pode chegar a desenvolverse en tecido brando preto do óso.
Os tratamentos para o osteosarcoma melloraron significativamente o prognóstico. Sen embargo, é frecuente experimentar efectos secundarios a longo prazo debido á intensidade das terapias contra o cancro. Polo tanto, recomendase unha supervisión médica continua ao longo da vida para controlar os efectos secundarios
SÍNTOMAS:
Os síntomas máis comúns son a dor na zona afectada, inchazo, unha masa palpable e, nalgúns casos, fracturas óseas debido a debilidade do óso afectado.
CAUSAS:
Non se sabe exactamente por que aparece o osteosarcoma. Este tipo de cancro óseo ocurre cuando o ADN das células óseas cambian. Estes cambios alteran as instrucións que controlan como crecen e morren as células. Nas células cancerosas, estas instrucións non funcionan ben, o que fai que as células se reproduzan rapidamente e non morran cando deberían. Isto provoca que se formen demasiadas células e se forme un tumor. Co paso do tempo, este tumor pode crecer, afectar aos tecidos sans e estenderse a outra parte do corpo (metástase).
FACTORES DE RISCO:
- IDADE: É máis frecuente en adolescentes e adultos novos.
- ENFERMIDADES XENÉTICAS OU AFECCIÓNS ÓSEAS: Trastornos como a enfermidade de Paget ou a predisposición xenética a certos tipos de cancro como a síndrome de Li-Fraumenti ou o de Werner e outros, fan que aumente o risco.
- RADIOTERAPIA OU QUIMIOTERAPIA PREVIA: A exposición a radiacións para tratar outros tipos de cancro poden incrementar o risco de desenvolver osteosarcoma.
DIAGNÓSTICO:
O osteosarcoma é diagnosticado a partir dun exame físico. Dependendo dos resultados, faranse máis probas e procedementos. Isto pode incluír probas de diagnóstico por imaxe, (estudios de imaxe) para determinar a ubicación e o tamaño do tumor, estas probas poden incluir as seguintes:
- Radiografía
- Resonancia magnética
- Tomografía computerizada
- Gammagrafía ósea
- Tomografía por emisión de positrones
Outra alternativa é a extracción dunha mostra de células para a súa análise (biopsia), que puede ser cunha agulla grosa ou unha biopsia cirúrxica. É importante que un cirurxán especializado en conservar o membro realice a biopsia. Seo tumor está nun lugar onde se precise a amputación ou a substitución do óso, a forma na que se faga a biopsia é moi importante. Se a biopsia no se fai ben ou si se contaminan os tecidos próximos, podería ser difícil facer unha cirurxía para salvar o membro.
TRATAMENTO:
O tratamento xeralmente inclúe cirurxía e quimioterapia. Nalgúns casos, tamén pódese empregar radioterapia se o cancro no pode ser tratado con cirurxía.
A ciruxía ten como obxetivo estirpar todas as células cancerosas , e a extensión da cirurxía dependerá de factores como o tamaño e a localización do tumor .
Quimioterapia
Ningún comentario:
Publicar un comentario