A Bursite é un trastorno doloroso que afecta as pequenas bolsas sinoviais, que ocorre cando as bolsas sinoviais inflamase. Estas bolsas son as encargadas de proporcionar amortecemento aos osos, músculos e tendóns a redor das articulacións.
- Traumáticas o mecánicas: lesións causadas por movementos reiterados dunha mesma articulación, golpes, sobrecargas excesivas musculares ou presión prolongada na articulación.
- Mecánicas: lesións asociadas a patoloxías coma a artrite reumatoide, feridas, procesos infecciosos, diabetes ou trastornos tiroideos
- Dor na zona da articulación ao presionala ou movela.
- Rixidez e incapacidade de realizar determinados movementos.
- Inflamación.
- Sensación de calor.
- Aumento da cantidade de líquido na bolsa.
Diagnóstico
- Probas de diagnóstico por imaxes: Ecografía o resonancia magnética, xa que os raios X non establecen unha maneira segura de diagnosticala.
- Análise de Laboratorio: O médico podría indicar realizar un análise de sangue ou un análise do líquido sinovial da zona afectada para identificar a causa da inflamación e a dor das articulacións.
A bursite soe mellorar soa, pero podemos tomar algunhas medidas para tratala mellor:
- Medicamentos: Se unha infección causou a inflamación dunha bolsa sinovial, o médico pode receitar un antibiótico.
- Terapia: A fisioterapia e o exercicio físico poden fortalecer os músculos da zona afectada, que axudan ao alivio da dor e a prevención da reaparición.
- Inxeccións: Polo xeral, unha inxección actúa rapidamente, e na maioría de casos só se necesita unha.
- Dispositivos de asistencia: O uso temporal dun bastón, ou outro tipo de dispositivo, axudaran a aliviar o dor na zona afectada.
- As veces, pódese drenar o líquido da bolsa sinovial cirurxicamente, pero moi poucas veces, se realiza a extirpación cirúrxica da bolsa afectada.
- Idade: A bursite e máis frecuente a medida que nos facemos maiores.
- Profesións ou actividades de ocio: O risco de sufrir unha Bursite aumenta se o teu traballo ou pasatempo require movementos repetitivos ou presión en unha bolsa sinovial determinada.
- Outro tipo de afeccións: Certo tipo de enfermidades, trastornos coma a artrite reumatoide, diabetes, aumentan o risco de padecer bursite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario