mércores, 26 de marzo de 2025

A BATALLA CONTRA O CANCRO DE PULMÓN

 QUE É O CANCRO DE PULMÓN?

Frecuentemente asociamos esta condición ao tabaquismo pero non ten porque ser así. Esta condición é unha das formas más comúns  e mortais do cancro en todo o mundo, e ten unha das taxas de mortalidade máis elevadas tanto en mulleres como homes.

Esta condición débese  ao crecemento excesivo e descontrolado das células do pulmón, normalmente dáse no tecido pulmonar .

Como dixemos antes ao ser unha condición moi común é necesario que se diagnostique nas primeiras fases para poder actuar.

TIPOS DE CANCRO DE PULMÓN:

Podemos distinguir dous tipos de cancro de pulmón debido ao tamaño que teñan las células baixo o  microscopio.

  • Cancro de pulmón de células pequenas: Este é o que se presenta en xente que leva fumando en exceso por moitos anos. Este cancro é menos común que o otro tipo.
  • Cancro de pulmón de células non pequenas: É un tipo no que inclúen varios tipos de cancro de pulmón como o carcinoma epidermoide, o adenorcarcinoma, e o carcinoma de células grandes.

SÍNTOMAS:

Esta condición non ten uns síntomas específicos (como o cansanzo, perda de peso, perda de apetito, tose a cal persiste...) xa que se poden chegar a confundir con outras enfermidades benignas.

Outro dos síntomas non tan comúns é a hemoptise, que con outras palabras é a tose con sangue, este fenómeno non se chega a dar en todos os casos pero si ata o 50% dos casos, por outro lado temos a disnea que é a falta de aire, a cal normalmente se debe pola causa da  ocupación do espazo no pulmón e isto fai e que o aire non entre de maneira correcta.

Finalmente hai outros síntomas chamados síndrome paraneoplásticos xa que se supón que estes non proceden de maneira directa do tumor, polo que estes proceden da excreción tumoral inadecuada.

CAUSAS:

Como dixemos anteriormente esta condición normalmente é debida ao tabaquismo (o 80% dos casos están asociados ao tabaco) pero hai moitas máis causas como a exposición ao radon, a contaminación do aire, antecedentes familiares....

Esta condición prodúcese cando temos cambios no ADN das células pulmonares. Este ADN dá comandos ás células sans de cando crecer, multiplicarse e morrer. Nas células cancerosas estes comandos están alterados, facendo que estas crezan sen control, se multipliquen rapidamente e non morran cando se lles manda. isto é o que leva a formación do tumor que pode invadir e danar o tecido san. Co tempo estas células malas  pódense expandir por todo o corpo polo que é chamado metástase

PREVENCIÓN:

Algúns métodos de prevención ao noso alcance  son deixar de fumar se o fas, evitar o fume doutras persoas (concienciar á xente do que implica ser fumador activo, e se fuma, que o faga nun espazo aberto onde non haxa nenos pequenos aos que poida afectar), e no caso de que o teu traballo implique exposición prolongada a substancia químicas, manterte protexido. Manteña unha alimentación sa e equilibrada e fai exercicio.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...