Que é?
O tromboembolismo pulmonar, é cando un coágulo de sangue que se atopa nos vasos sanguíneos e acaba atrapado nos pulmóns, bloqueando unha arteria pulmonar. Isto ocorre porque un coágulo de sangue se desprende dunha vea profunda, xeralmente nas pernas, e viaxa aos pulmóns. Nalgúns casos menos comúns, o coágulo pode vir doutra parte do corpo.
Esta obstrución afecta aos pulmóns e ao corazón. Hai unha parte do pulmón que non recibe sangue con pouco osíxeno, polo que non pode osixenala como debería. Isto fai que menos osíxeno chegue aos órganos e tecidos do corpo. Mentres tanto, o corazón segue enviando sangue aos pulmóns, pero, ao haber un bloqueo, o fluxo vese afectado. Isto fai que aumente a presión na arteria pulmonar e sobrecargue o ventrículo dereito do corazón, que é o encargado de levar o sangue sen osíxeno aos pulmóns.
Factores que aumentan o risco
- Ter unha fractura nalgunha extremidade inferior ou pasar por unha operación recente: nestes casos é habitual estar un tempo sen moverse moito, e iso fai que o sangue circule peor e se poidan formar coágulos. Para isto, adoitase poñerse un tratamento anticoagulante para evitar problemas.
- Repouso na cama (normalmente máis de 3): favorece a coagulación do sangue nas veas das pernas, o que pode liberar a formación de trombos.
- Viaxes longas (de máis de 8 horas): estar moitas horas sentados sen apenas mover as pernas tamén pode favorecer a formación de trombos.
- Tendencia a formar coágulos: hai certas condicións herdadas ou adquiridas, que teñen máis facilidade para que o sangue se coagule. Isto pode pasar, en persoas que teñen alteracións no sangue dende o nacemento, ou durante o embarazo, ou se se toman anticonceptivos.
- Ter cancro ou estar en tratamento con quimio: estas situacións tamén aumentan o risco de ter coágulos.
- Ter obesidade: o exceso de peso afecta moitas cousas no corpo, e unha delas é o sistema circulatorio.
- Fumar: o tabaco, aumenta as posibilidades de que se formen trombos.
Tratamento
Normalmente, o tratamento comeza no hospital cun medicamento que impide que o sangue forme máis coágulos. Estes medicamentos chámanse anticoagulantes e ao principio póñense con inxeccións, ben na vea ou debaixo da pel. A máis usada é a heparina, e o tratamento dura uns 5 a 10 días.
Hai casos máis graves, ou persoas que non poden tomar este tipo de medicación, nas que hai que usar outras opcións. Por exemplo, un tratamento máis forte para desfacer o coágulo rápido (chámase fibrinólise) ou poñer un pequeno filtro nunha vea grande (a vea cava), para que non suban máis coágulos aos pulmóns.
Cando o paciente xa está mellor e pode ir para casa, ten que seguir tomando anticoagulantes en pastillas. Este tratamento dura polo menos 3 meses.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario