martes, 25 de marzo de 2025

PEDRAS QUE DOEN










Os cálculos renais, máis comunmente coñecidos como pedras nos riles, son pequenos minerais que están formados por substancias urinarias como sales ou minerais disoltos que se unen entre eles formando as pedras nos riles.  Estes minerais poden alcanzar o tamaño dun gran de area como o tamaño dunha perla. Isto fai máis dolorosa a súa saída xa que, normalmente, non se precisa de axuda médica porque elas soas saen polas vías urinarias, mais cando estas son moi grandes obstaculizan a saída das vías e teñen que romperse mediante ondas ou, nos peores dos casos, ter que quitalas por cirurxía. 


Os signos ou síntomas que produce os cálculos renais son maioritariamente dores como dor punzante nos costados e nas costas, dor prolongada na zona baixa do abdome, sensación de ardor ao ouriñar, sangue na urina, etc. Outros síntomas q non producen dor son a febre ou os calafríos, vómitos ou náuseas e cor anormal na urina. As causas de que se forme un cálculo renal son moi diversas. Entre elas temos a maior concentración da urina, sendo a auga incapaz de disolver todos as sales. Tamén algunhas de estas causas poden ser hederitarias. 

Os tipos de cálculos inflúen moito nas causas polas que se forma os minerais. Os cálculos renais divídense en catro tipos que son os seguintes: 

  • Cálculos de calcio son os máis frecuentes sobre todo en homes entre 20 e 30 anos. O calcio pode mesturarse con outros minerais, como o oxalato, para formar o cálculo.
  • Cálculos de cistina son os cálculos que se transmiten de forma hederitaria porque estes fórmanse por causa de unha enfermidade hederitaria, a cistinuria (forma cálculos con amoníaco).
  • Cálculos de estruvita prodúcense, maiormente, en persoas con infección recorrentes do tracto urinario. Estes cálculos forma minerais de gran extensión obstruíndo os riles, os uréteres e a vexiga.
  • Cálculo de ácido úrico presente principalmente nos homes. Prodúcese mediante a gota ou despois de algunha quimioterapia de algúns cánceres.




Para identificar os cálculos renais os médicos utilizan diversas probas ou exames. Algúns deles son:  análise de sangue para detectar niveis altos de sales, análise de urina para detectar cristais ou glóbulos vermellos e análise de cálculo para determinar o tipo. Tamén as obstrucións pódense ver en topografías do abdome, radiografía do abdome e ecografía do ril.


Os tratamentos depende do tipo de cálculo e da intensidade dos síntomas. Para empezar o tratamento paras os cálculos renais máis pequenos que, usualmente, saen sos polas vías urinarias. A urina débese coar para conservar os minerais para analizalos, tomar mínimo entre 6 e 8 vasos ao día para producir máis urina e eliminar máis facilmente o cálculo e tomar algún analxésico para os dores. Hai algúns casos que precisan de medicación a máis para impedir a súa formación ou para axudar a que os cálculos pasan entre as vías urinarias. Por último pódese facer como tratamento unha cirurxía pero só nestes casos: cálculo moi grande, crecemento deste, bloqueo das vías urinarias ou causar unha infección urinaria e dor incontrolable.


Para evitar  os cálculos renais podes beber abundante auga ata que a urina quede de cor amarela moi clariña ou transparente., entre uns 8 e 10 vasos ao día. No caso de pasarás un cálculo renal podes evitar algún alimento (falar cun nutricionista) ou o seu médico pode darlle algún medicamento.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...