A hernia de hiato é cando a parte superior do estómago sobresae a través do diafragma, que ten unha pequena apertura chamada hiato, polo que paso o esófago antes de conectarse co estómago. Na hernia de hiato o estómago sube a través desta abertura ao interior do peito.
Unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa problemas, é posible que nin sequera se coñeza a súa existencia a menos que a descubra un equipo médico. Mentres que unha hernia de hiato de grande tamaño pode causar acidez estomacal, ou se ten moito tamaño pode ser necesaria unha cirurxía.
TIPOS
Respecto a hernia de hiato podemos destinguir catro tipos:
- Hernia de hiato por esvaramento: é a máis común. Se despraza a través do hiato ao estómago xunto a unión gastroesofáxica.
- Hernia de hiato paraesofáxica: a unión gastroesofáxica segue no seu lugar, pero en cambio o fundus del estómago pasa a través do hiato esofáxico, é o que se hernie.
- Hernia de hiato mixta: é unha mestura entre os anteriores dous tipos.
- Hernia de hiato complexa: o que se hernia non é o estómago, senón que a través do hiato esofáxico se hernia calquera outro órgano abdominal.
SÍNTOMAS
Na maioría dos casos, unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa síntomas, pero as de un tamaño grande pode causar as seguintes:
Acidez estomacal.
- Regurxitación: retroceso do fluxo de alimentos ou líquidos xa inxeridos.
- Refluxo ácido: retroceso do ácido estomacal ao esófago.
- Dificultade para tragar.
- Dolor abdominal o no peito.
- Sensación de saciedade pouco despois de comer.
- Falta de aire.
- Vómitos con sangue ou feces de cor negro: poden indicar un sangrado no tubo dixestivo.
CAUSAS
Non se sabe ao cen por cen por que ocorre isto, pero coñécense unha serie de posibles causas, son as seguintes:
- Cambios no diafragma pola idade.
- Lesións nesta parte do corpo, por unha posible causa dun traumatismo ou cirurxía.
- Nacemento cun hiato moi grande.
- Constante e intensa presión nos músculos circundantes, por causa da tose, vómitos, moito esforzo ao defecar ou facer exercicio.
Hai uns factores de riscos nos que a hernia de hiato é máis común:
- Ter 50 anos ou máis.
- Padecer obesidade.
DIAGNÓSTICO
Polo usual, a hernia de hiato descóbrese por unha serie de procedementos ou probas, como por exemplo:
- Radiografía do aparato dixestivo superior: o paciente debe beber un líquido esbrancuxado que recubre a mucosa interna do tubo dixestivo, que permite ver o contorno do esófago, estómago e do intestino delgado.
- Endoscopia: procedemento polo que se observa o esófago e o estómago cun endoscopio, tubo largo e delgado cunha cámara, que se introduce pola garganta en busca dunha inflamación.
- Manometría esofáxica: proba que mide as contraccións musculares do esófago ao tragar, a parte de medir tamén a coordinación e a forza que utilizan os músculos do esófago.
TRATAMENTO
Maioritariamente, as persoas cunha hernia de hiato non presentan síntomas, polo que non necesitan tratamento. Se hai síntomas, como a acidez estomacal frecuente e o refluxo ácido, posiblemente sexa necesario o uso de medicamentos ou recorrir á cirurxía.
Os medicamentos recomendados se padece de síntomas son os seguintes:
- Antiácidos que neutralizan o ácido estomacal
- Medicamentos para reducir a produción de ácido: coñécense como bloqueadores dos receptores H2 e inclúen cimetidina, famotidina e nizatidina.
- Medicamentos que bloquean a produción do ácido e curan o esófago: se coñecen como inhibidores da bomba de protóns, son máis fortes que os bloqueadores anteriores, e ademais danlle tempo ao tecido esofáxico danado a curarse. Inclúen o lansoprazol e o omeprazol.
ESTILO DE VIDA E REMEDIOS CASEROS
Para poder axudar a controlar os síntomas da hernia de hiato realizar algúns cambios no estilo de vida pode contribuír no seu control, como por exemplo:
- Realizar varias comidas pequenas no día en vez de poucas comidas abundantes.
- Deixar de consumir alimentos que provoquen acidez estomacal, como os alimentos grasosos o frituras, a salsa de tomate, o alcohol, chocolate, a menta,...
- Evitar recostarte despois de comer ou comer tarde no día.
- Manter un peso equilibrado e saudable.
- Evitar o tabaco e outros tipos de substancias.
- Elevar a cabeceira da cama 20 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario