QUE É A EPILEPSIA?
A epilepsia é un trastorno cerebral crónico que se caracteriza por provocar convulsións. Estás convulsións son episodios de actividade eléctrica anormal no cerebro que poden causar cambios na atención, comportamento e, nalgúns casos movementos corporais. A epilepsia non é contaxiosa e pode afectar a persoas de calquera idade.
CAUSAS
A epilepsia ocorre cando os cambios no tecido cerebral fan que o cerebro esté demasiado excitable ou irritable. Como resultado disto, as células cerebrais envían señais eléctricas anormais. Isto provoca convulsións repetitivas e impredicibles.
- Accidente cerebrovascular o accidente isquémico transitorio (AIT).
- Demencia.
- Lesión cerebral traumática.
- Infeccións, como absceso cerebral, meninxite, encefalite e VIH.
- Problemas cerebrais presentes no nacemento.
- Trastornos metabólicos presentes ao nacer.
- Tumor cerebral.
- Vasos sanguíneos anormais no cerebro.
- Outra enfermidade que dane ou destrúa o tecido cerebral.
SÍNTOMAS
Os síntomas poden variar dependendo da persoa. Algunhas poden sufrir leves episodios de ausencias. Outras teñen tremores violentos e perda da lucidez mental (convulsión).
O médico pode dar máis información acerca do tipo específico de convulsión que se pode ter:
- Ausencias típicas: inclúen convulsións que involucran un cambio no comportamento pero sen cambios no movemento motor.
- Convulsións parciais focais: os síntomas dependen da parte do cerebro afectada. Estas convulsións poden estenderse en todo o cerebro.
- Convulsións tonicoclónicas xeneralizadas: afecta a ambos lados do cerebro e causan alteración da conciencia.
PROBAS
Primeiro realízase un exame físico. Este comprende unha avaliación detallada do cerebro e da función do sistema nervioso.
Farase un electroencefalograma (EEG) para revisar a actividade eléctrica do cerebro. As persoas con epilepsia a miúdo teñen unha actividade eléctrica anormal.
Para diagnosticar a epilepsia ou planear unha cirurxía, necesítase:
- Usar un aparato de rexistro electroencefalográfico durante días ou semanas.
- Permanecer nun hospital especial onde se poda gravar a actividade do cerebro mentres cámaras de vídeo capturan o queoasa durante unha convulsión. (EEG en vídeo)
- Química sanguínea.
- Glicemia.
- Contaxe sanguíneo completo (CSC)
- Probas da función renal.
- Probas xenéticas.
- Probas na función hepática.
- Punción lumbar.
TRATAMENTO
Se a epilepsia débese a un tumor, vasos sanguíneos ou sangrado no cerebro, a cirurxía para tratar estes trastornos pode deter estas crises.Os medicamentos para previr as convulsións chamadas anticonvulsivos, poden reducir a cantidade de crises futuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario