1. Que é a esclerose múltiple?
A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central especialmente as zonas cerebrais e á medula espiñal. O que pasa é que o sistema inmunitario, que normalmente nos defende das enfermidades, equivócase e ataca a mielina, que é a capa que recobre os nervios. Cando a mielina se dana, os nervios non funcionan ben e iso provoca problemas para facer cousas que antes se facían con normalidade.
2. Causas e factores de risco
Non se sabe exactamente por que aparece esta enfermidade, pero parece que é por unha mestura de cousas: a xenética, o ambiente, a falta de vitamina D, e incluso vivir en sitios con pouca luz solar. Tamén se cre que algúns virus poden influír. É máis común en mulleres e soe comezar entre os 20 e os 40 anos.
3. Síntomas
Os síntomas cambian moito dunhas persoas a outras. Algúns dos máis frecuentes son:
-
Estar moi cansa sen razón
-
Problemas para manter o equilibrio ou camiñar ben
-
Debilidade nos músculos
-
Visión borrosa ou dobre
-
Sensación de formigueo ou de picazón na pel
-
Dificultade para falar ou tragar
Hai veces que estes síntomas veñen e van, e outras veces van empeorando pouco a pouco.
4. Diagnóstico
Para saber se unha persoa ten esclerose múltiple, os médicos fan varias probas. A máis común é unha resonancia magnética, que permite ver se hai lesións no cerebro ou na medula. Tamén se pode facer unha análise do líquido cefalorraquídeo e algunhas probas neurolóxicas para ver como responde o corpo.
5. Tratamento
Hoxe en día aínda non hai unha cura para esta enfermidade, pero si hai formas de tratala para que non avance tan rápido e para que os síntomas molesten o menos posible. Por exemplo:
-
Medicamentos que frean a enfermidade
-
Exercicios de fisioterapia
-
Medicinas para tratar cousas como o cansazo ou os espasmos musculares
-
Apoio psicolóxico, que é moi importante para aprender a vivir con isto
6. Impacto na vida diaria
A esclerose múltiple pode cambiar moito o día a día dunha persoa. Cousas que antes se facían sen pensar, como subir escaleiras ou escribir, poden facerse máis difíciles. Aínda así, con axuda e co apoio da xente que nos rodea, moitas persoas conseguen levar unha vida bastante normal, adaptándose aos cambios pouco a pouco.
7. Conclusión
A esclerose múltiple é unha enfermidade complicada, pero iso non significa que a vida se pare. Grazas aos tratamentos actuais e ao apoio que existe, moita xente pode seguir adiante, facer plans e ser feliz. É importante falar sobre esta enfermidade para entender mellor o que viven as persoas que a teñen.
8.Vídeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario