A enfermidade do Parkinson é un trastorno neurodexenerativo lento e progresivo que afecta principalmente aos movementos, aínda que tamén pode afectar a outras funcións cognitivas.
Caracterízase polo tremor, lentitude nos movementos, problemas coa postura e o equilibrio.
2. SÍNTOMAS
Os síntomas varían segundo a persoa e soen aparecer nun lado do corpo, e despois afectar a ambos lados. Os síntomas son xeralmente peores nun lado que no outro.
Algúns dos síntomas son:
- Tremores: Soen comezar nas mans ou nos dedos, pero poden comezar tamén nos pés e na mandíbula.
- Atraso do movemento: Esta enfermidade pode facer que os movementos sexan moito máis lentos, polo que as tarefas máis simples volveranse moito máis difíciles.
- Rixidez muscular: É moi posible sentir os músculos tensos e con moito dor. Os movementos dos brazos serán curtos e bruscos.
- Perda de movementos automáticos: É posible ter menos capacidade para realizar algúns movementos que normalmente fanse sen pensar, como sorrir ou mover os brazos cando te moves.
- Postura e equilibrio malos: É posible adoptar unha postura encorvada e tamén é normal a perda de equilibrio e que caían con certa facilidade.
Nesta enfermidade algunhas neuronas degrádanse ou morren progresivamente, moitos síntomas desta enfermidade son causados pola perda de neuronas.
A causa desta enfermidade descoñécese pero existen varios factores que inflúen:
- Xenes: Hai varios cambios xenéticos específicos relacionados coa enfermidade, entón se moitos familiares próximos tiveron ou teñen esta enfermidade pódese pasar polos xenes, debido a xenética familiar.
- Factores ambientais: A exposición a toxinas ou outros factores ambientais poderían aumentar o risco de desenvolver a enfermidade de Parkinson no futuro.
- Mitocondria alterada: As mitocondrias son compartimentos dentro das células que crean a maior parte da enerxía do corpo. Os cambios na mitocondria poden causar danos nas células.
Non hai unha proba que poida confirmar esta enfermidade, pero se tes 2 ou 4 síntomas de Parkinson pode haber posibilidades de que si que o teñas.
Si o médico ao realizar unhas preguntas e un exame físico pensa que o paciente pode ter Parkinson, ten que ser derivado a un neurólogo.
Os neurólogos farán probas de equilibrio, músculos, forma de andar e axilidade.
Non existe unha cura para esta enfermidade, pero os medicamentos poden axudar a controlar os síntomas.
O medicamento máis común para tratar o Parkinson é a levodopa-carbidopa. Isto axuda a aumentar a cantidade de dopamina no cerebro. Pero os medicamentos receitados dependen do tipo de persoa, por iso o médico recomendará o mellor para cada paciente.
A parte de medicamentos, o médico tamén pode recomendar exercicios ou fisioterapia, estos axudan a controlar mellor os movementos do paciente.
Nalgúns casos a cirurxía pode axudar a aliviar os síntomas.
6. VIVIR CON ESTA ENFERMIDADE
Vivir con esta enfermidade crónica pode ser frustrante, xa que o Parkinson vai empeorando.
É moi probable que teña problemas con tareas sinxelas, nas que inclúen camiñar, falar e comer, entre moitas outras.
Tamén é común que as persoas con esta enfermidade acaben tendo depresión, pero pode tratarse cunha serie de medicamentos antidepresivos que poden axudar coa estabilidade emocional de cada persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario