mércores, 4 de xuño de 2025

UNHA REUNIÓN DE ÓVULOS QUE NON TERMINA

 




A síndrome do ovario poliquístico é un trastorno hormonal que afecta a moitas mulleres durante a súa etapa reprodutiva. As hormonas causantes de esta doenza son os andróxenos. Ao estar en elevadas cantidades no organismo e sendo hormonas masculinas maniféstanse este tipo de reaccións.É probable que ao padecelo se experimenten períodos menstruais ausentes con moita frecuencia ou, pola contra, períodos moi prolongados.

Nesta síndrome desenvólvense pequenos quistes cheos de líquido na parte exterior do ovario. Estes quistes, coñecidos como folículos, conteñen óvulos que non maduraron adecuadamente e, polo tanto, non son liberados de forma regular.

Os síntomas soen manifestarse no primeiro ciclo menstrual, malia que, nalgúns casos poden aparecer máis tarde, despois de ter varios ciclos menstruais. Os síntomas poden variar bastante. Para diagnosticalo é necesario padecer dous dos seguintes signos:

  • Períodos menstruais irregulares
  • Andróxenos en exceso, o que pode causar un aumento de vello corporal,  acné severo,  perda de cabelo con patrón masculino, engrosamento da voz e diminución dos peitos.
  • Aumento de peso 
Para remediar os ciclos menstruais anormais, reducir o acné e o crecemento anormal de cabelo sóense receitar as píldoras anticonceptivas.Nos casos nos que a paciente desexa quedarse embarazada existen outras opcións, a metformina, un medicamento para a diabetes, axuda a regular os ciclos, previr a diabetes tipo 2 e a baixar de peso.Para reducir o vello pódese utilizar unha crema con eflornitina ou píldoras de flutamida.


No caso de embarazo a paciente pode sufrir un aborto espontáneo, diabetes xestacional e hipertensión.Ademais as mulleres coa síndrome do ovario poliquístico son máis propensas a padecer cáncer no endometrio (parede do útero), infertilidade, diabetes e obesidade.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...