DEFINICIÓN
O hipotiroidismo é unha enfermidade do sistema endócrino na que a glándula tiroide non produce suficientes hormonas tiroideas. Estas hormonas, chamadas T3 e T4, son moi importantes porque regulan o noso metabolismo e moitas funcións do noso corpo.
Cando faltan hormonas tiroideas, o corpo funciona máis lentamente. Isto afecta ao corazón, ao cerebro, a dixestión, ao metabolismo e a outros sistemas, reducindo o nivel de actividade do organismo.
Co paso do tempo, se o hipotiroidismo non se trata, pode derivar en outros problemas de saúde, como problemas no corazón ou colesterol alto.
CAUSAS
A glándula tiroide é unha glándula pequena en forma de bolboreta que se sitúa na base do pescozo. Esta glándula produce dúas hormonas principais, a tiroxina (T4) e a triiodotironina (T3), que afectan a todas a células do corpo. Inflúen na velocidade á que o corpo utiliza as graxas e os carbohidratos. Controlan a temperatura corporal, a frecuencia cardíaca e a produción de proteínas.
Algúns dos problemas que poden provocar o hipotiroidismo son:
- Enfermidade autoinmunitaria: a causa máis común é a enfermidade de Hashimoto, que consiste en que o sistema inmunitario ataca a glándula tiroide, dificultando a produción das súas hormonas.
- Radioterapia: a radiación empregada no tratamento de cancro de cabeza e pescozo pode causar o hipotiroidismo.
- Tiroidite: é a inflamación da glándula tiroide, que pode ser causada por infeccións, trastornos autoinmunes ou outras enfermidades. Pode provocar a liberación rápida de hormonas tiroideas, o que fai que a actividade da tiroide aumente temporalmente.
Os síntomas relaciónanse coa diminución da actividade funcional dos sistemas do organismo.
Os principais síntomas son:
- Cansazo
- Perda da memoria
- Pel pálida
- Fraxilidade nas uñas
- Aumento de peso e/ou estrinximento
- Somnolencia excesiva
COMPLICACIÓNS
O hipotiroidismo sin tratar pode derivar en outros problemas de saúde, como:
- Bocio: o máis común é que o hipotiroidismo poda causar que a glándula tiroidea aumente de tamaño. Isto pode xerar problemas ao tragar ou respirar.
- Problemas cardíacos: o hipotiroidismo pode derivar en unha insuficiencia cardíaca. Isto ocorre porque as persoas con tiroide con baixa actividade adoitan ter niveis altos de colesterol LDL.
- Neuropatía periférica: o hipotiroidismo non tratado durante moito tempo pode danar os nervios periféricos, que transmiten información do cerebro e da medula espiñal ao corpo.
- Infertilidade: a redución das hormonas tiroideas pode afectar á ovulación e limitar a fertilidade.
DIAGNÓSTICO
Os síntomas do hipotiroidismo varían entre persoas e son parecidos aos doutras enfermidades, polo que o diagnóstico se fai principalmente con análises de sangue.
O primeiro paso é medir a TSH (hormona estimulante da tiroide). Se está alta, mídese tamén a T4. Un nivel alto de TSH e baixo de T4 confirma o hipotiroidismo.
Este análise tamén se usa para axustar o tratamento. Algunhas substancias, como a biotina, poden afectar os resultados, así que é importante saber os suplementos que se toman.
TRATAMENTO
O tratamento do hipotiroidismo é moi sinxelo e consiste en tomar diariamente levotiroxina, unha hormona tiroidea en pastilla. Este medicamento restablece os niveis hormonais e alivia os síntomas da enfermidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario