mércores, 4 de xuño de 2025

HORMONAS EN PAUSA

 


Que é a enfermidade de Addison?

A enfermidade de Addison, tamén coñecida como insuficiencia adrenal primaria, é unha condición pouco común na que o corpo non xera suficiente cantidade de certas hormonas. Nesta enfermidade as glándulas suprarrenais producen niveis reducidos dunha hormona chamada cortisol. Ademais, a menudo non producen suficiente cantidade doutra hormona coñecida como aldosterona.

O dano ás glándulas suprarrenais é o que provoca a enfermidade de Addison. Os signos poden manifestarse de forma gradual. Os primeiros síntomas poden incluír fatiga intensa, desexo da sal e perda de peso.

Calquera persoa pode verse afectada por esta enfermidade, e pode ser mortal se non recibe tratamento. A terapia consiste en tomar hormonas elaboradas en laboratorios para substituír as hormonas que faltan.



Signos e síntomas:

Os signos da enfermidade de Addison soen aparecer pouco a pouco, frecuentemente, ao largo de varios meses. A condición pode progresar tan lentamente que ao principio quen a padecen non se dan conta dos signos. O estrés físico, resultante dunha enfermidade ou lesión, pode agravar os síntomas de forma rápida

Esta enfermidade pode manifestarse de forma sutil ao principio, pero os seus primeiros síntomas poden influir notablemente no benestar físico, emocional e mental da persoa afectada.

- Cambios no corpo: sinais físicas temperás

Dende o inicio, pódese experimentar unha sensación persistente de esgotamento ou falta de enerxía. Algúns síntomas comúns inclúen:

  • Cansazo extremo ou fatiga prolongada.
  • Mareos ou desmaios ao incorporarse despois de estar deitado ou sentado, a causa da hipotensión ortostática (unha forma de presión arterial baixa).
  • Suoración relacionada con niveis baixos de glicosa en sangue (hipoglicemia).
  • Malestar dixestivo como vómitos, diarrea ou molestias estomacais.
  • Dor abdominal xeral ou localizado.
  • Cambras, debilidade muscular, dor nas articulacións ou unha sensación xeral de malestar.
- Señais visibles: cambios no aspecto físico:

Nalgúns casos, os primeiros signos tamén poden reflexarse externamente:
  • Perda de cabelo corporal.
  • Aparición de manchas escuras na pel, especialmente notorias en cicatrices e lunares (estos cambios poden ser menos visibles en persoas coa pel máis escura). 
  • Redución do apetito, que pode levar a unha perda de peso involuntaria.
- Afectación emocional e mental:

A enfermidade de Addison non so impacta fisicamente, tamén pode alterar o estado emocional e os impulsos naturais. Entre os signos máis comúns están:
  • Sensación profunda de tristeza ou depresión.
  • Ansiedade ou nerviosismos constantes.
  • Diminución do desexo sexual, especialmente en mulleres.
  • Intenso desexo de consumir sal.

Factores de risco:

 Aínda que na maioría dos casos desta enfermidade aparece sen unha causa evidente, existen certos factores que poden aumentar a probabilidade de desenvolvela. Estes inclúen:

- Condicións médicas previas:

  • Historial de enfermidades ou cirurxías que afectaron directamente á glándula pituitaria (hipófise) ou as glándulas suprarrenais.
  • Mutacións xenéticas específicas que impactan estas glándulas, como as responsables da hiperplasia suprarrenal conxénita, unha enfermidade hereditaria.
- Enfermidades autoinmunes relacionadas:
  •  Presenza doutros trastornos endócrinos autoinmunes, como o hipotiroidismo ou a diabetes tipo 1,

    que poden estar asociadas cun maior risco de insuficiencia suprarrenal.
- Outros factores:
  •  Ter sufrido unha lesión cerebral traumática tamén pode incrementar o risco de desenvolver esta condición.

Tratamento:

O tratamento da enfermidade de Addison baséase na reposición dos esteroides que o corpo non produce adecuadamente. Isto lógrase mediante medicamentos como:

  • Corticoides orais (hidrocortisona, prednisona ou metilprednisona) para reemprazar o cortisol, axustando a dose dacordo co ciclo natural do corpo.
  • Fludrocortisona para substituír a aldosterona, unha hormona esencial para o equilibrio da auga e do sal no corpo.  

É posible que se necesite aumentar a cantidade de sodio na dieta, especialmente se se fai exercicio intenso ou vívese nun clima caloroso. Tamén é importante axustara dose dos medicamentos durante situacións de estrés, como infeccións ou cirurxías. Ademais, é fundamental:

  1. Levar unha identificación médica (pulseira ou tarxeta de alerta) para que os profesionais de emerxencia saiban como tratar ao doente.
  2. Ter medicamentos de repouso a man en todo momento, especialmente para viaxar ou ir ao traballo.
  3.  Contar cun kit de inxeccións de corticoides para situacións de urxencia se non se pode tomar os medicamentos orais.
  4. Manter un contacto constante co médico para axustar as doses segundo sexa necesario e facer un seguimento dos niveis hormonais.
  5. Realizar revisións anuais cun especialista, quen poidan recomendar exames para detectar enfermidades autoinmunitarias.
En caso dunha crise de Addison, unha emerxencia médica, o tratamento involucra a administración de corticoides, solución salina ou azucre por vía intravenosa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...