DESCRIPCIÓN:
Este síndrome de Gilles de Tourette caracterízase por movementos os cales se repiten moitas veces ou sons non desexados os cales son moi complicados de controlar.
Algúns deles son: xestos coas mans, xestos faciais, emitir sons raros, dicir palabras ofensivas ...
Estes tics xeralmente preséntanse entre os 2 a 15 anos. Os homes teñen entre tres e catro veces máis que as mulleres de probabilidade de que teñan este síndrome.
Este trastorno no ten cura, pódese tratar. Moitas persoas que padecen este trastorno non requiren dun tratamento xa que os seus síntomas non son molestos. Os tics adoitan disminuír despois dos 10 anos.
SÍNTOMAS:
Estes tics son os que fan distintivo este trastorno. Os cales poden variar en gravidade, e os máis severos poden afectar a comunicación e a calidade de vida.
Estes pódense clasificarse en dous tipos:
- Tics simples: Implican un número limitado de grupos musculares e son breves e repetitivos.
- Tics complexos: Involucran patróns de movementos coordinados que afectan a varios grupos musculares.
Os tics poden ser motores (como parpadexo de ollos, sacudir a cabeza, encoller os ombreiros entre outros no caso dos tics simples e no caso dos complexos como inclinarse ou gritar, saltar, facer xestos ofensivos entre outros) ou vocais (como resoprar tusir, ladrar no caso dos simples e nos complexos como repetir frases e palabras propias ou doutros), sendo os motores os que xeralmente aparecen primeiro.
Ademais os tics poden empeorar si estás enfermo, estresado, canso ou emocionado.
CAUSAS:
As causas deste trastorno son descoñecidas, é un trastorno complexo que probablemente se causa por unha combinación de factores hereditarios e ambientais. Poden estar implicados produtos químicos no cerebro que transmiten impulsos nerviosos, como a dopamina e a serotonina.
FACTORES DE RISCO:
Os factores de risco que poden afectar neste trastorno son os antecedentes familiares, xa que se algúns dos teus familiares o tivo, ti tes máis posibilidades de ter este trastorno, logo temos o sexo, xa que os homes teñen máis posibilidades de ter este trastorno que as mulleres.
DIAGNÓSTICO:
Para este trastorno non existe unha proba específica. O diagnóstico baséase no historial medico dos síntomas que padeces.
- A causa de que non hai unha proba específica úsanse uns criterios para diagnosticar ste trastorno as cales son:
- Os tics ocorren varias veces ao día, case todos os días durante máis dun ano.
- Os tics aparecen antes dos 18 anos de idade.
- Os tics non son consecuencia de medicamentos, outras sustancias ou outros trastornos médicos.
- Os tics deben de cambiar co tempo o seu lugar, frecuencia, tipo, complexidade ou gravidade.
Por outro lado os síntomas do síndrome de Tourette pódense confundir con outras enfermidades como o o parpadexo nos ollos con problemas de visión..
Polo que os doutores recomendan facerse unha proba de sangue e estudos por unha imaxe como unha resonancias magnética.
TRATAMENTO:
Este trastorno pódese tratar con medicamentos ou terapia. No caso da medicación, pódense utilizar fármacos que resucen ou eliminan a dopamina, as inxeccións de Botox as cales deteñen o movemento do músculo, medicamentos para controlar o transtorno por déficit de atención e hiperactividade, antidepresivos, entre outros, e terapias como a terapia condutual, psicoterapia ou estimulación profunda .
Ningún comentario:
Publicar un comentario