mércores, 4 de xuño de 2025

O PORQUE DOS MOVEMENTOS INVOLUNTARIOS

 
O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa crónica do sistema nervioso que provoca bradicinesia (movementos lentos), rixidez, temblores involuntarios e perda de equilibrio e é provocada por un déficit da secreción da dopamina.
Esta enfermidade é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente xa que a primeira e o Alzheimer e afecta ao 1%-2% da poboación maior de 60 anos.

Causas:

Non se coñece con exactitude as causas desta enfermidade, pero hai varios factores que poden inflúen:
  • Os xenes: hai algúns cambios nos xenes  que poden provocar a aparición desta enfermidade, pero isto e moi raro e sóese dar tan só cando varios membros da familia padecen desta enfermidade.
  • Algúns factores ambientais: A exposición a certas toxinas como por exemplo a MPTP que se atopa nalgunhas drogas pode aumentar a posibilidade de aparición.
  • A presenza de corpos de Lewy: Os grupos desta proteína atopados no cerebro asociase a aparición de Párkinson.
  • Alteración na mitocondria: Os cambios na mitocondria poden afectar gravemente as células, estes cambios víronse en xente con Párkinson.

Síntomas:

Varían segundo a persoa. Os síntomas tempéranos poderían ser leves ou incluso que non se noten. Estes soen aparecer nun lado do corpo e,despois  afectar a ambos lados e soen ser peores dun lado que do outro. Estes síntomas pódense confundir con outras enfermidades, pero os máis frecuentes son:

  • Temblores. Soen empezar nos dedos ou mans, normalmente estes tremores son máis fortes baixo o estrés e poden diminuír ao facer exercicio.
  •  Rixidez muscular. O que se soe sentir na rixidez muscular e os músculos tensos ou dolorosos e os movementos soen ser curtos e bruscos.
  • Postura y equilibrio malos. Pode ser que se adopte unha postura encurvada e ter perdida de equilibrio frecuentemente.

  • Retraso de movemento, tamén chamado bradicinesia. Empeora todo tipo de movemento como o simple feito de parpadear ou levantar un vaso.

      Tratamento:

      O Párkinson non ten cura, pero pódense utilizar unha serie de medicamentos como o Carbidopa e levodopa que axuda a controlar a dopamina no cerebro, poden axudar a controlar os síntomas, estes medicamentos soen ter efectos secundarios como náuseas ou perda de equilibrio.    

     Os medicamentos soen funcionar bastante ben, pero despois de uns anos de tratamento comezan a perder efecto polo que o que se recomenda e practicar
una cirurxia. Tamén se recomenda exercicio aeróbico, terapia física enfocada no equilibrio e terapia para a fala.


      Diagnóstico:

      Non hai unha proba específica para diagnosticar esta enfermidade. Pero hai algúns exames que se poden facer pero sempre o fai un medico neurólogo. O diagnóstico do Párkinson basease nos antecedentes médicos, unha revisión dos síntomas e un exame neurolóxico e físico. Inda así o que se soe facer e o seguinte:

·         Analítica de sangueNon hai parámetros específicos para diagnosticar a enfermidade, pero o que se soe facer e mirar o perfil tiroideo xa que ao haber temblores estes poden ser por unha alta cantidade de tiroide.



·         Neuroimaxe estructural: Faise un TAC ou sexa unha resonancia magnética para descartar lesións estruturais. 



        ·         Neuroimaxe funcional:Disponse do SPECT de transportador de dopamina que serve para determinar a redución da cantidade, xa que un nivel baixo de dopamina  pode probacar un mal funcionamento cerebral.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...