A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería de ser.
Exposición prolongada a glucocorticoides.
CAUSAS
Esta enfermidade é provocada por un tumor ou crecemento excesivo da hipófise, esta glándula está localizada xusto debaixo da base do cerebro. Un tipo de tumor da hipófise chamado adenoma é a causa máis común.
A hipófise secreta demasiada ACTH, que estimula a produción de cortisol, a hormona do estrés.
SÍNTOMAS
Os síntomas que presenta a enfermidade de cushing son os seguintes:
Obesidade da parte superior do corpo (por enriba da cintura) e extremidades delgadas.
Cara redonda, vermella e chea.
Taxa de crecemento lento nos nenos.
Respecto a os cambios na pel máis frecuentes:
Acné o infeccións da pel
Estrías
Pel delgada propensa á formación de hematomas.
Os cambios nos ósos e músculos:
Dor de lombo mais nos ósos
Acumulación de graxa entre os ombros.
Decaemento dos ósos, facilidade de fractura.
Músculos débiles.
Nas mulleres, a diferenza dos homes, tamén pode darse un crecemento excesivo do vello na cara, pescozo, abdome e muslos; ademais dun ciclo menstrual irregular o inexistente.
Mentres que nos homes poden presentarse a ausencia de desexo sexual e problemas de erección.
DIAGNÓSTICO
Primeiro fanse diferentes exames para confirmar a presenza de demasiada cantidade de cortisol, que son os seguintes:
Cortisol libre en urina de 24 horas.
Proba de inhibición con dexametasona (dose baixa).
Niveles de cortisol na saliva.
Estes, en cambio, determinan a causa do cortisol alto unha vez confirmado:
Nivel de ACTH no sangue.
Resonancia magnética do cerebro.
Proba da hormona liberadora de corticotropina.
Proba de inhibición con dexametasona (doses alta).
Mostra do seno petroso inferior, que mide os niveis de ACTH nas veas que drenan a hipófise en comparación coas do tórax.
Outros exames:
Proba de glicosa na sangue en xaxún e A1C para diabetes.
Probas de lípidos e colesterol.
Exame de densidade mineral ósea para detectar osteoporoses .
TRATAMENTO
O tratamento para esta enfermidade implica a extirpación cirúrxica do tumor hipofisario. Despois da cirurxía, a hipófise pode comezar lentamente a funcionar de novo e retornar á normalidade.
Ademais, durante o proceso de recuperación, se pode necesitar tratamentos de substitución de cortisol, xa que a hipófise precisa de tempo para comezar a producir ACTH novamente.
A radioterapia na hipófise tamén se pode utilizar se o tumor non se extirpou por completo.
No caso de que o tumor non responda á cirurxía o á radiación, é probable que se precise de medicamentos para impedir que o corpo produza cortisol. E no caso que estes tratamentos non teñan éxito, é posible que sexa necesario extirpar as glándulas suprarrenais para que estas deixen de producir os altos niveis de cortisol.
PROGNÓSTICO
No caso de que non se trate, a enfermidade de Cushing pode provocar un padecemento grave e incluso a morte. A extirpación do tumor pode levar a unha recuperación completa, pero o tumor pode crecer novamente.
A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central. Nesta enfermidade, o noso sistema inmune ataca á mielina, que é unha sustancia que recobre/protexe as fibras nerviosas. Este ataque causa interrupcións na transmisión dos impulsos nerviosos.
A súa causa non é coñecida con exactitude pero pénsase que afecta a xenética e o ambiente. Tamén pode ser provocada por infeccións de virus en persoas que xa teñan certa predisposición.
Os síntomas máis comúns desta enfermidade son:
Fatiga esaxerada.
Perda de equilibro e coordinación.
Debilidade nos músculos.
Visión borrosa/doble.
Entumecemento.
Problemas coa memoria ou a concentración.
En canto ao diagnóstico soen realizar as seguintes probas:
Punción lumbar: para analizar o líquido cefalorraquídeo.
Resonancia magnética: detecta lesións no cerebro e na medula.
Probas visuais: para ver a velocidade da resposta nerviosa.
A enfermidade non ten cura, pero si que hai tratamentos que axudan a controlar os seus síntomas e a frear un pouco o avance: medicamentos inmunomoduladores, corticoides, fisioterapia, rehabilitación…
Algúns datos curiosos son que afecta máis ás mulleres que aos homes, que normalmente aparece entre os 20 e os 40 anos e que hai varios tipos (progresiva, remitente…)
A epilepsia é un trastorno cerebral crónico que se caracteriza por provocar convulsións. Estás convulsións son episodios de actividade eléctrica anormal no cerebro que poden causar cambios na atención, comportamento e, nalgúns casos movementos corporais. A epilepsia non é contaxiosa e pode afectar a persoas de calquera idade.
CAUSAS
A epilepsia ocorre cando os cambios no tecido cerebral fan que o cerebro esté demasiado excitable ou irritable. Como resultado disto, as células cerebrais envían señais eléctricas anormais. Isto provoca convulsións repetitivas e impredicibles.
Infeccións, como absceso cerebral, meninxite, encefalite e VIH.
Problemas cerebrais presentes no nacemento.
Trastornos metabólicos presentes ao nacer.
Tumor cerebral.
Vasos sanguíneos anormais no cerebro.
Outra enfermidade que dane ou destrúa o tecido cerebral.
SÍNTOMAS
Os síntomas poden variar dependendo da persoa. Algunhas poden sufrir leves episodios de ausencias. Outras teñen tremores violentos e perda da lucidez mental (convulsión).
O médico pode dar máis información acerca do tipo específico de convulsión que se pode ter:
Ausencias típicas: inclúen convulsións que involucran un cambio no comportamento pero sen cambios no movemento motor.
Convulsións parciais focais: os síntomas dependen da parte do cerebro afectada. Estas convulsións poden estenderse en todo o cerebro.
Convulsións tonicoclónicas xeneralizadas: afecta a ambos lados do cerebro e causan alteración da conciencia.
PROBAS
Primeiro realízase un exame físico. Este comprende unha avaliación detallada do cerebro e da función do sistema nervioso.
Farase un electroencefalograma (EEG) para revisar a actividade eléctrica do cerebro. As persoas con epilepsia a miúdo teñen unha actividade eléctrica anormal.
Para diagnosticar a epilepsia ou planear unha cirurxía, necesítase:
Usar un aparato de rexistro electroencefalográfico durante días ou semanas.
Permanecer nun hospital especial onde se poda gravar a actividade do cerebro mentres cámaras de vídeo capturan o queoasa durante unha convulsión. (EEG en vídeo)
Este síndrome de Gilles de Tourette caracterízase por movementos os cales se repiten moitas veces ou sons non desexados os cales son moi complicados de controlar.
Algúns deles son: xestos coas mans, xestos faciais, emitir sons raros, dicir palabras ofensivas ...
Estes tics xeralmente preséntanse entre os 2 a 15 anos. Os homes teñen entre tres e catro veces máis que as mulleres de probabilidade de que teñan este síndrome.
Este trastorno no ten cura, pódese tratar. Moitas persoas que padecen este trastorno non requiren dun tratamento xa que os seus síntomas non son molestos. Os tics adoitan disminuír despois dos 10 anos.
SÍNTOMAS:
Estes tics son os que fan distintivo este trastorno. Os cales poden variar en gravidade, e os máis severos poden afectar a comunicación e a calidade de vida.
Estes pódense clasificarse en dous tipos:
Tics simples: Implican un número limitado de grupos musculares e son breves e repetitivos.
Tics complexos: Involucran patróns de movementos coordinados que afectan a varios grupos musculares.
Os tics poden ser motores (como parpadexo de ollos, sacudir a cabeza, encoller os ombreiros entre outros no caso dos tics simples e no caso dos complexos como inclinarse ou gritar, saltar, facer xestos ofensivos entre outros) ou vocais (como resoprar tusir, ladrar no caso dos simples e nos complexos como repetir frases e palabras propias ou doutros), sendo os motores os que xeralmente aparecen primeiro.
Ademais os tics poden empeorar si estás enfermo, estresado, canso ou emocionado.
CAUSAS:
As causas deste trastorno son descoñecidas, é un trastorno complexo que probablemente se causa por unha combinación de factores hereditarios e ambientais. Poden estar implicados produtos químicos no cerebro que transmiten impulsos nerviosos, como a dopamina e a serotonina.
FACTORES DE RISCO:
Os factores de risco que poden afectar neste trastorno son os antecedentes familiares, xa que se algúns dos teus familiares o tivo, ti tes máis posibilidades de ter este trastorno, logo temos o sexo, xa que os homes teñen máis posibilidades de ter este trastorno que as mulleres.
DIAGNÓSTICO:
Para este trastorno non existe unha proba específica. O diagnóstico baséase no historial medico dos síntomas que padeces.
A causa de que non hai unha proba específica úsanse uns criterios para diagnosticar ste trastorno as cales son:
Os tics ocorren varias veces ao día, case todos os días durante máis dun ano.
Os tics aparecen antes dos 18 anos de idade.
Os tics non son consecuencia de medicamentos, outras sustancias ou outros trastornos médicos.
Os tics deben de cambiar co tempo o seu lugar, frecuencia, tipo, complexidade ougravidade.
Por outro lado os síntomas do síndrome de Tourette pódense confundir con outras enfermidades como o o parpadexo nos ollos con problemas de visión..
Polo que os doutores recomendan facerse unha proba de sangue e estudos por unha imaxe como unha resonancias magnética.
TRATAMENTO:
Este trastorno pódese tratar con medicamentos ou terapia. No caso da medicación, pódense utilizar fármacos que resucen ou eliminan a dopamina, as inxeccións de Botox as cales deteñen o movemento do músculo, medicamentos para controlar o transtorno por déficit de atención e hiperactividade, antidepresivos, entre outros, e terapias como a terapia condutual, psicoterapia ou estimulación profunda .
O hipotiroidismo é unha enfermidade do sistema endócrino na que a glándula tiroide non produce suficientes hormonas tiroideas. Estas hormonas, chamadas T3 e T4, son moi importantes porque regulan o noso metabolismo e moitas funcións do noso corpo.
Cando faltan hormonas tiroideas, o corpo funciona máis lentamente. Isto afecta ao corazón, ao cerebro, a dixestión, ao metabolismo e a outros sistemas, reducindo o nivel de actividade do organismo.
Co paso do tempo, se o hipotiroidismo non se trata, pode derivar en outros problemas de saúde, como problemas no corazón ou colesterol alto.
CAUSAS
A glándula tiroide é unha glándula pequena en forma de bolboreta que se sitúa na base do pescozo. Esta glándula produce dúas hormonas principais, a tiroxina (T4) e a triiodotironina (T3), que afectan a todas a células do corpo. Inflúen na velocidade á que o corpo utiliza as graxas e os carbohidratos. Controlan a temperatura corporal, a frecuencia cardíaca e a produción de proteínas.
Algúns dos problemas que poden provocar o hipotiroidismo son:
Enfermidade autoinmunitaria: a causa máis común é a enfermidade de Hashimoto, que consiste en que o sistema inmunitario ataca a glándula tiroide, dificultando a produción das súas hormonas.
Radioterapia: a radiación empregada no tratamento de cancro de cabeza e pescozo pode causar o hipotiroidismo.
Tiroidite: é a inflamación da glándula tiroide, que pode ser causada por infeccións, trastornos autoinmunes ou outras enfermidades. Pode provocar a liberación rápida de hormonas tiroideas, o que fai que a actividade da tiroide aumente temporalmente.
SÍNTOMAS
Os síntomas relaciónanse coa diminución da actividade funcional dos sistemas do organismo.
Os principais síntomas son:
Cansazo
Perda da memoria
Pel pálida
Fraxilidade nas uñas
Aumento de peso e/ou estrinximento
Somnolencia excesiva
COMPLICACIÓNS
O hipotiroidismo sin tratar pode derivar en outros problemas de saúde, como:
Bocio: o máis común é que o hipotiroidismo poda causar que a glándula tiroidea aumente de tamaño. Isto pode xerar problemas ao tragar ou respirar.
Problemas cardíacos: o hipotiroidismo pode derivar en unha insuficiencia cardíaca. Isto ocorre porque as persoas con tiroide con baixa actividade adoitan ter niveis altos de colesterol LDL.
Neuropatía periférica: o hipotiroidismo non tratado durante moito tempo pode danar os nervios periféricos, que transmiten información do cerebro e da medula espiñal ao corpo.
Infertilidade: a redución das hormonas tiroideas pode afectar á ovulación e limitar a fertilidade.
DIAGNÓSTICO
Os síntomas do hipotiroidismo varían entre persoas e son parecidos aos doutras enfermidades, polo que o diagnóstico se fai principalmente con análises de sangue.
O primeiro paso é medir a TSH (hormona estimulante da tiroide). Se está alta, mídese tamén a T4. Un nivel alto de TSH e baixo de T4 confirma o hipotiroidismo.
Este análise tamén se usa para axustar o tratamento. Algunhas substancias, como a biotina, poden afectar os resultados, así que é importante saber os suplementos que se toman.
TRATAMENTO
O tratamento do hipotiroidismo é moi sinxelo e consiste en tomar diariamente levotiroxina, unha hormona tiroidea en pastilla. Este medicamento restablece os niveis hormonais e alivia os síntomas da enfermidade.
A enfermidade de Addison, tamén coñecida como insuficiencia adrenal primaria, é unha condición pouco común na que o corpo non xera suficiente cantidade de certas hormonas. Nesta enfermidade as glándulas suprarrenais producen niveis reducidos dunha hormona chamada cortisol. Ademais, a menudo non producen suficiente cantidade doutra hormona coñecida como aldosterona.
O dano ás glándulas suprarrenais é o que provoca a enfermidade de Addison. Os signos poden manifestarse de forma gradual. Os primeiros síntomas poden incluír fatiga intensa, desexo da sal e perda de peso.
Calquera persoa pode verse afectada por esta enfermidade, e pode ser mortal se non recibe tratamento. A terapia consiste en tomar hormonas elaboradas en laboratorios para substituír as hormonas que faltan.
Signos e síntomas:
Os signos da enfermidade de Addison soen aparecer pouco a pouco, frecuentemente, ao largo de varios meses. A condición pode progresar tan lentamente que ao principio quen a padecen non se dan conta dos signos. O estrés físico, resultante dunha enfermidade ou lesión, pode agravar os síntomas de forma rápida
Esta enfermidade pode manifestarse de forma sutil ao principio, pero os seus primeiros síntomas poden influir notablemente no benestar físico, emocional e mental da persoa afectada.
- Cambios no corpo: sinais físicas temperás:
Dende o inicio, pódese experimentar unha sensación persistente de esgotamento ou falta de enerxía. Algúns síntomas comúns inclúen:
Cansazo extremo ou fatiga prolongada.
Mareos ou desmaios ao incorporarse despois de estar deitado ou sentado, a causa da hipotensión ortostática (unha forma de presión arterial baixa).
Suoración relacionada con niveis baixos de glicosa en sangue (hipoglicemia).
Malestar dixestivo como vómitos, diarrea ou molestias estomacais.
Dor abdominal xeral ou localizado.
Cambras, debilidade muscular, dor nas articulacións ou unha sensación xeral de malestar.
- Señais visibles: cambios no aspecto físico:
Nalgúns casos, os primeiros signos tamén poden reflexarse externamente:
Perda de cabelo corporal.
Aparición de manchas escuras na pel, especialmente notorias en cicatrices e lunares (estos cambios poden ser menos visibles en persoas coa pel máis escura).
Redución do apetito, que pode levar a unha perda de peso involuntaria.
- Afectación emocional e mental:
A enfermidade de Addison non so impacta fisicamente, tamén pode alterar o estado emocional e os impulsos naturais. Entre os signos máis comúns están:
Sensación profunda de tristeza ou depresión.
Ansiedade ou nerviosismos constantes.
Diminución do desexo sexual, especialmente en mulleres.
Intenso desexo de consumir sal.
Factores de risco:
Aínda que na maioría dos casos desta enfermidade aparece sen unha causa evidente, existen certos factores que poden aumentar a probabilidade de desenvolvela. Estes inclúen:
- Condicións médicas previas:
Historial de enfermidades ou cirurxías que afectaron directamente á glándula pituitaria (hipófise) ou as glándulas suprarrenais.
Mutacións xenéticas específicas que impactan estas glándulas, como as responsables da hiperplasia suprarrenal conxénita, unha enfermidade hereditaria.
- Enfermidades autoinmunes relacionadas:
Presenza doutros trastornos endócrinos autoinmunes, como o hipotiroidismo ou a diabetes tipo 1,
que poden estar asociadas cun maior risco de insuficiencia suprarrenal.
- Outros factores:
Ter sufrido unha lesión cerebral traumática tamén pode incrementar o risco de desenvolver esta condición.
Tratamento:
O tratamento da enfermidade de Addison baséase na reposición dos esteroides que o corpo non produce adecuadamente. Isto lógrase mediante medicamentos como:
Corticoides orais (hidrocortisona, prednisona ou metilprednisona) para reemprazar o cortisol, axustando a dose dacordo co ciclo natural do corpo.
Fludrocortisona para substituír a aldosterona, unha hormona esencial para o equilibrio da auga e do sal no corpo.
É posible que se necesite aumentar a cantidade de sodio na dieta, especialmente se se fai exercicio intenso ou vívese nun clima caloroso. Tamén é importante axustara dose dos medicamentos durante situacións de estrés, como infeccións ou cirurxías. Ademais, é fundamental:
Levar unha identificación médica (pulseira ou tarxeta de alerta) para que os profesionais de emerxencia saiban como tratar ao doente.
Ter medicamentos de repouso a man en todo momento, especialmente para viaxar ou ir ao traballo.
Contar cun kit de inxeccións de corticoides para situacións de urxencia se non se pode tomar os medicamentos orais.
Manter un contacto constante co médico para axustar as doses segundo sexa necesario e facer un seguimento dos niveis hormonais.
Realizar revisións anuais cun especialista, quen poidan recomendar exames para detectar enfermidades autoinmunitarias.
En caso dunha crise de Addison, unha emerxencia médica, o tratamento involucra a administración de corticoides, solución salina ou azucre por vía intravenosa.
O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa crónica do sistema nervioso que provoca bradicinesia (movementos lentos), rixidez, temblores involuntarios e perda de equilibrio e é provocada por un déficit da secreción da dopamina.
Esta enfermidade é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente xa que a primeira e o Alzheimer e afecta ao 1%-2% da poboación maior de 60 anos.
Causas:
Non se coñece con exactitude as causas desta enfermidade, pero hai varios factores que poden inflúen:
Os xenes: hai algúns cambios nos xenes que poden provocar a aparición desta enfermidade, pero isto e moi raro e sóese dar tan só cando varios membros da familia padecen desta enfermidade.
Algúns factores ambientais: A exposición a certas toxinas como por exemplo a MPTP que se atopa nalgunhas drogas pode aumentar a posibilidade de aparición.
A presenza de corpos de Lewy: Os grupos desta proteína atopados no cerebro asociase a aparición de Párkinson.
Alteración na mitocondria: Os cambios na mitocondria poden afectar gravemente as células, estes cambios víronse en xente con Párkinson.
Síntomas:
Varían segundo a persoa. Os síntomas tempéranos poderían ser leves ou incluso que non se noten. Estes soen aparecer nun lado do corpo e,despois afectar a ambos lados e soen ser peores dun lado que do outro. Estes síntomas pódense confundir con outras enfermidades, pero os máis frecuentes son:
Temblores. Soen empezar nos dedos ou mans, normalmente estes tremores son
máis fortes baixo o estrés e poden diminuír ao facer exercicio.
Rixidez muscular. O que se soe sentir na rixidez muscular
e os músculos tensos ou dolorosos e os movementos soen ser curtos e bruscos.
Postura y equilibrio malos. Pode ser que se adopte unha postura encurvada e ter perdida de
equilibrio frecuentemente.
Retraso de movemento, tamén chamado bradicinesia. Empeora
todo tipo de movemento como o simple feito de parpadear ou levantar un vaso.
Tratamento:
O Párkinson non ten cura, pero pódense utilizar unha serie de medicamentos como o Carbidopa e levodopa que axuda a controlar a dopamina no cerebro, poden axudar a controlar os síntomas, estes medicamentos soen ter efectos secundarios como náuseas ou perda de equilibrio.
Os medicamentos soen funcionar bastante ben, pero despois de uns anos de tratamento comezan a perder efecto polo que o que se recomenda e practicar
una cirurxia. Tamén se recomenda exercicio aeróbico, terapia física enfocada no equilibrio e terapia para a fala.
Diagnóstico:
Non hai unha proba específica para diagnosticar esta enfermidade. Pero hai algúns exames que se poden facer pero sempre o fai un medico neurólogo. O diagnóstico do Párkinson basease nos antecedentes médicos, unha revisión dos síntomas e un exame neurolóxico e físico. Inda así o que se soe facer e o seguinte:
·Analítica
de sangue: Non hai parámetros específicos para diagnosticar a enfermidade, pero o que se soe facer e mirar o perfil tiroideo xa que ao haber temblores estes poden ser por unha alta cantidade de tiroide.
·Neuroimaxe
estructural:Faise un TAC ou sexa unha resonancia magnética para descartar lesións estruturais.
·Neuroimaxe
funcional:Disponse do SPECT de transportador de dopamina que serve para determinar a redución da cantidade, xa que un nivel baixo de dopamina pode probacar un mal funcionamento cerebral.