mércores, 26 de marzo de 2025

AS BACTERIAS OKUPAS

 



 Que é o SIBO?

O sobrecrecemento anormal na poboación bacteriana do intestino delgado ocorre cando se observa un incremento anormal de todas as bacterias presentes nesa parte do tubo dixestivo.

O aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ocorrer cando unha situación, como unha intervención cirúrxica ou unha enfermidade, obstaculiza a circulación de alimentos e residuos no tubo dixestivo, xerando así un ambiente favorable para o crecemento das bacterias. Se ben o aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ser unha complicación das intervencións cirúrxicas de estómago, este problema tamén pode derivarse en problemas estruturais e certas patoloxías. En ocasións, requírese unha intervención cirúrxica para resolver este problema, sen embargo, o tratamento máis habitual son os antibióticos.

Signos e síntomas:

A multiplicación excesiva das bacterias do intestino delgado causa que estas bacterias fermenten os carbohidratos que non foron totalmente dixeridos, producindo gases como hidróxeno e metano. Esta fermentación non só incrementa o volume de gas, se non que tamén obstaculiza a correcta         


absorción de nutrientes, o cal pode incrementar a permeabilidade do intestino e provocar síntomas coma a diarrea. O signos do SIBO poden diferir entre individuos, pero os máis comúns son:

  • Presenza de gases e tensión abdominal.
  • Dolor abdominal ou incomodidade dixestiva.
  • Diarrea.
  • A mala absorción de nutrientes pode provocar perda de peso e carencias na nutrición.
  • Náuseas.
  • Perda do apetito.
  • Sensación desagradable de saciedade ao rematar de comer.
  • Persistente cansanzo.
  • Inflamación.
  • Malnutrición.
Dependendo dos síntomas pódese ter dous tipos diferentes de SIBO:

  • SIBO - Hidróxeno: Sucede cando existe unha proliferación desmedida de bacterias. Os individuos que padecen  deste tipo de SIBO tenden a ter máis diarrea, e poucas veces estrinximento.
  • SIBO - Metano (IMO): Sucede cando se produce un incremento nas arqueas metanoxénicas e teñen unha maior relación co estrinximento.



Causas:

O crecemento desmedido de bacterias no intestino delgado pode orixinarse polas seguintes razóns:

  • Complicacións das intervencións cirúrxicas abdominais, tales como o bypass gástrico para a obesidade e a gastrectomía para o tratamento das úlceras pépticas e o cáncer abdominal.
  • Problemas estruturais no interior e exterior do intestino delgado, tales como tecido cicatricial (adherencias intestinais) que poden revestir o exterior do intestino delgado, e grumos de tecido que se proxectan a través da parede do intestino delgado (diverticulose intestinal).
  • Algunhas condicións médicas, como a enfermidade de Crohn, a enterite por radiación, a esclerodermia, a enfermidade celíaca, a diabetes, entre outras, poden obstaculizar o tránsito de alimentos e residuos a través do intestino delgado.

Tratamento:

O coidado do SIBO depende da gravidade do caso e as circunstancias subxacentes de cada individuo. Este debe enfocarse en identificar e rectificar (se é posible) as causas subxacentes, rectificar os defectos nutricionais e administrar antibióticos.

Os antibióticos son a terapia inicial que se basea en antibióticos concretos para eliminar o crecemento excesivo das bacterias.

A dieta en individuos que padecen de SIBO, é crucial modificar a alimentación para aliviar síntomas como a xeración excesiva de gases. Aconséllase unha alimentación reducida en fibras e azucres fermentables durante o tratamento e hasta oito semanas posteriormente. É crucial sempre acudir a un experto para a súa adecuada implementación e seguimento.

Os probióticos son microorganismos vivos que actualmente se utilizan como restablecedores da microbiota durante o tratamento con antibióticos e tras a súa finalización. 




 

 




 

UNHA COPA POR UN FÍGADO



O fígado é un órgano no aparato dixestivo formado principalmente por hepatocitos que cumpre funcións moi importantes: Descompón e almacena moitos nutrientes que absorbe o intestino, Segrega unha sustancia chamada bile ao intestino para axudalo coa absorción de nutrientes e produce a maioría de factores que regulan a coagulación. As variadas bacteria do fígado son as que causan os tumores, pero entre as distintas causas está tamén o excesivo consumo de alcohol e tabaco porque pode producir Cirrose que é unha enfermidade na que as células do fígado danado foron substituídas por tecido cicatrizado 



TIPOS DE CANCRO DE FÍGADO

Neste apartado comentarei os tipos de cancro de fígado principais, aquí podes ver os tipos de cancro secundario e primario con máis información.
  • Carcinoma Hepatocelular: É o tipo de cancro de fígado máis común nos adultos, xeralmente comeza sendo pequeno es crece nun único lugar expandíndose pero tamén pode aparecer en varias partes ao mesmo tempo e non crecer tanto.
  • Colangiocarcinoma intrahepático: É un tipo de cancro menos común, orixínase nas células que revisten os condutos biliares dentro do fígado inda que tamén pode orixinarse por fora.
  • Anxiosarcoma: É un tipo de cancro no que case non existen casos, afecta ás persoas que foron expostas ao Arsénico ou ao Dióxido de Torio, este tipo de cancro crece moi rápido e cando se detectan xa é tarde para ser extirpados cirurxicamente, o único que sirve a quimioterapia pero non é seguro que funcione.

TRATAMENTO CONTRA O CANCRO DE FÍGADO

Hai moitas formas de tratar o cancro de fígado aquí podes ver todos os existentes pero centrarémonos nos mais comúns.
  • Cirurxía. Elimínase a parte do fígado infectada polo tumor e un pouco da parte san que a rodea, a parte que queda do fígado ocupa a función e a veces volve a crecer.
  • Terapia de Ablación. Extráese ou destrúese tecido de distintas formas
    • Radiofrecuencia: Introdúcense agullas especias pola pel o unha incisión no abdome, despois úsanse ondas de radio para quentar as agullas e que destrúan as células.
    • Inxección de Etanol: Úsase unha agulla pequena para inxectar etanol sobre as células  infectadas e eliminalas.
    • Terapia de Microondas: Neste tratamento úsase un microondas para expoñer ao calor ao tumor e eliminalo ou debilitalo para que os medicamentos e outros tratamentos sexan máis eficaces.




       











MÁIS ALÁ DA FATIGA, A ANEMIA FERROPÉNICA

La anemia es una condición


A anemia ferropénica é a segunda enfermidade nutricional máis importante, con extensión mundial; afecta a varios grupos de risco, principalmente mulleres novas e nenos, e pode provocar importantes disfuncións nos órganos e sistemas do corpo. Aínda que a súa orixe é multifactorial e están implicados factores xenéticos e hábitos de vida, a alimentación xoga un papel importante na súa prevención. Por iso resulta de grande interese coñecer os mecanismos reguladores e os compoñentes dietéticos que condicionan a absorción de ferro, así como identificar os compoñentes alimentarios que favorecen ou impiden a biodispoñibilidade deste micronutriente, co fin de deseñar estratexias de prevención dirixidas a optimizar as reservas de ferro do organismo. Este traballo describe de forma concisa os principais factores dietéticos que poden interactuar coa absorción de ferro presente nos alimentos.


-Síntomas comúns da anemia 

Os síntomas da anemia poden variar en función da súa gravidade e da rapidez coa que se desenvolva. Entre os máis frecuentes atópanse:

1- Fatiga e debilidade xeralizada
2- Palidez na pel e nas mucosas
3- Dores de cabeza e mareos 
4- Palpitacións e taquicardia 
5- Faltas de aire durante actividades físicas

En casos máis severos, poden presentarse síntomas como desmaios, uñas fráxiles e sensación de frío nas extremidades.


Principais causas da anemia

As causas da anemia poden clasificarse polo seu mecanismo de produción:
  • Polo aumento dos requirimentos: durante o primeiro ano de vida, a adolescencia ou o embarazo. Ademais os requirimentos tamén aumentan cando hai un aumento das perdas (menstruación).
  • Por aporte insuficiente: Cando o aporte a través da dieta é insuficiente ou as reservas son insuficientes no nacemento por prematuridade.

Por todo isto, os principais grupos en risco de anemia ferropénica son as mulleres novas (idade fértil), os nenos, e, aínda que en menor medida, as persoas de idade avanzada. Tamén deberían terse en conta como grupo de risco ós individuos que consomen dietas veganas, con ausencia total de produtos de orixe animal, o cal pode ser un factor de risco de deficiencia de ferro.

 
Consecuencias da anemia ferropénica para a saúde

A deficiencia de ferro adoita desembocar en anemia ferropénica, e esta refléxase na disfunción de diversos órganos e sistemas corporais. Esta carencia pode afectar ao desenvolvemento cognitivo e psicomotor en nenos e adolescentes e ao estado do sistema inmunitario. Tamén aumenta o risco de sufrir procesos infecciosos e ao rendemento da actividade física e a capacidade de traballo, debido á alteración de fontes enerxéticas polo músculo.

Os pacientes con deficiencia de ferro presentan alteracións nas funcións gastrointestinais e nos patróns de produción hormonal e o metabolismo.

A anemia durante o embarazo aumenta o risco de morte perinatal na nai e no neonato, ademais de incrementar o risco de mortalidade infantil. Incluso se chegou a relacionar que a nai teña anemia ferropénica con un maior risco de depresión postparto.


Tratamento

Unha vez diagnosticada a anemia ferropénica, o tratamento consiste xeralmente na prescrición de suplementos de ferro por vía oral. A forma mais concorrente son os comprimidos de sulfato ferroso, por ser o composto que produce menos efectos adversos (dor abdominal, ardor de estómago, náuseas, diarrea e estrinximento).


Factores dietéticos

A dieta é un dos principais factores que poden influír no estado de ferro nun individuo san, xa que tanto o contido de ferro dos alimentos coma a súa natureza condicionan a absorción intestinal.
O ferro non hemo atópase en carnes, peixes e aves, pero fundamentalmente en ovos, verduras e froitas.
Algúns dos compoñentes dos alimentos poden potenciar ou inhibir a absorción do ferro. Os potenciadores máis eficaces e coñecidos son o ácido ascórbico e os alimentos de orixe animal como carnes, peixes e aves.
Ademais, o calcio, aínda que é coñecido que pode reducir a absorción do ferro, os numerosos estudios realizados ata o momento obtiveron resultados dispares, o que leva a pensar que as interaccións calcio-ferro son complexas.

Expectativas

Con tratamento, o desenlace clínico probablemente sexa bo, pero iso dependerá da causa


Conclusións

Tendo en conta o exposto neste traballo, o principal obxectivo na loita contra a anemia ferropénica débese centrar na prevención primaria, evitando a deficiencia de ferro e con elo que se produza a anemia. Para isto, é importante coñecer e identificar os alimentos e compoñentes de alimentos que permitan deseñar dietas con ferro de alta dispoñibilidade. 






A BATALLA CONTRA O CANCRO DE PULMÓN

 QUE É O CANCRO DE PULMÓN?

Frecuentemente asociamos esta condición ao tabaquismo pero non ten porque ser así. Esta condición é unha das formas más comúns  e mortais do cancro en todo o mundo, e ten unha das taxas de mortalidade máis elevadas tanto en mulleres como homes.

Esta condición débese  ao crecemento excesivo e descontrolado das células do pulmón, normalmente dáse no tecido pulmonar .

Como dixemos antes ao ser unha condición moi común é necesario que se diagnostique nas primeiras fases para poder actuar.

TIPOS DE CANCRO DE PULMÓN:

Podemos distinguir dous tipos de cancro de pulmón debido ao tamaño que teñan las células baixo o  microscopio.

  • Cancro de pulmón de células pequenas: Este é o que se presenta en xente que leva fumando en exceso por moitos anos. Este cancro é menos común que o otro tipo.
  • Cancro de pulmón de células non pequenas: É un tipo no que inclúen varios tipos de cancro de pulmón como o carcinoma epidermoide, o adenorcarcinoma, e o carcinoma de células grandes.

SÍNTOMAS:

Esta condición non ten uns síntomas específicos (como o cansanzo, perda de peso, perda de apetito, tose a cal persiste...) xa que se poden chegar a confundir con outras enfermidades benignas.

Outro dos síntomas non tan comúns é a hemoptise, que con outras palabras é a tose con sangue, este fenómeno non se chega a dar en todos os casos pero si ata o 50% dos casos, por outro lado temos a disnea que é a falta de aire, a cal normalmente se debe pola causa da  ocupación do espazo no pulmón e isto fai e que o aire non entre de maneira correcta.

Finalmente hai outros síntomas chamados síndrome paraneoplásticos xa que se supón que estes non proceden de maneira directa do tumor, polo que estes proceden da excreción tumoral inadecuada.

CAUSAS:

Como dixemos anteriormente esta condición normalmente é debida ao tabaquismo (o 80% dos casos están asociados ao tabaco) pero hai moitas máis causas como a exposición ao radon, a contaminación do aire, antecedentes familiares....

Esta condición prodúcese cando temos cambios no ADN das células pulmonares. Este ADN dá comandos ás células sans de cando crecer, multiplicarse e morrer. Nas células cancerosas estes comandos están alterados, facendo que estas crezan sen control, se multipliquen rapidamente e non morran cando se lles manda. isto é o que leva a formación do tumor que pode invadir e danar o tecido san. Co tempo estas células malas  pódense expandir por todo o corpo polo que é chamado metástase

PREVENCIÓN:

Algúns métodos de prevención ao noso alcance  son deixar de fumar se o fas, evitar o fume doutras persoas (concienciar á xente do que implica ser fumador activo, e se fuma, que o faga nun espazo aberto onde non haxa nenos pequenos aos que poida afectar), e no caso de que o teu traballo implique exposición prolongada a substancia químicas, manterte protexido. Manteña unha alimentación sa e equilibrada e fai exercicio.









CANDO RESPIRAR CONVÉRTESE EN ALGO PERIGOSO


Que é?

O tromboembolismo pulmonar, é cando un coágulo de sangue que se atopa nos vasos sanguíneos e acaba atrapado nos pulmóns, bloqueando unha arteria pulmonar. Isto ocorre porque un coágulo de sangue se desprende dunha vea profunda, xeralmente nas pernas, e viaxa aos pulmóns. Nalgúns casos menos comúns, o coágulo pode vir doutra parte do corpo.

Esta obstrución afecta aos pulmóns e ao corazón. Hai unha parte do pulmón que non recibe sangue con pouco osíxeno, polo que non pode osixenala como debería. Isto fai que menos osíxeno chegue aos órganos e tecidos do corpo. Mentres tanto, o corazón segue enviando sangue aos pulmóns, pero, ao haber un bloqueo, o fluxo vese afectado. Isto fai que aumente a presión na arteria pulmonar e sobrecargue o ventrículo dereito do corazón, que é o encargado de levar o sangue sen osíxeno aos pulmóns.

Factores que aumentan o risco

Hai situacións que fan máis probable ter un tromboembolismo pulmonar. As máis comúns son estas:
  • Ter unha fractura nalgunha extremidade inferior ou pasar por unha operación recente: nestes casos é habitual estar un tempo sen moverse moito, e iso fai que o sangue circule peor e se poidan formar coágulos. Para isto, adoitase poñerse un tratamento anticoagulante para evitar problemas.
  • Repouso na cama (normalmente máis de 3): favorece a coagulación do sangue nas veas das pernas, o que pode liberar a formación de trombos.
  • Viaxes longas (de máis de 8 horas): estar moitas horas sentados sen apenas mover as pernas tamén pode favorecer a formación de trombos.
  • Tendencia a formar coágulos: hai certas condicións herdadas ou adquiridas, que teñen máis facilidade para que o sangue se coagule. Isto pode pasar, en persoas que teñen alteracións no sangue dende o nacemento, ou durante o embarazo, ou se se toman anticonceptivos. 
  • Ter cancro ou estar en tratamento con quimio: estas situacións tamén aumentan o risco de ter coágulos.
  • Ter obesidade: o exceso de peso afecta moitas cousas no corpo, e unha delas é o sistema circulatorio.
  • Fumar: o tabaco, aumenta as posibilidades de que se formen trombos.

 Tratamento

O primeiro que se busca cando aparece un tromboembolismo pulmonar é estabilizar á persoa, que se atope mellor, eliminar o coágulo que está tapando e evitar que volva pasar.
Normalmente, o tratamento comeza no hospital cun medicamento que impide que o sangue forme máis coágulos. Estes medicamentos chámanse anticoagulantes e ao principio póñense con inxeccións, ben na vea ou debaixo da pel. A máis usada é a heparina, e o tratamento dura uns 5 a 10 días.
Hai casos máis graves, ou persoas que non poden tomar este tipo de medicación, nas que hai que usar outras opcións. Por exemplo, un tratamento máis forte para desfacer o coágulo rápido (chámase fibrinólise) ou poñer un pequeno filtro nunha vea grande (a vea cava), para que non suban máis coágulos aos pulmóns.
Cando o paciente xa está  mellor e pode ir para casa, ten que seguir tomando anticoagulantes en pastillas. Este tratamento dura polo menos 3 meses.
.





martes, 25 de marzo de 2025

PEDRAS QUE DOEN










Os cálculos renais, máis comunmente coñecidos como pedras nos riles, son pequenos minerais que están formados por substancias urinarias como sales ou minerais disoltos que se unen entre eles formando as pedras nos riles.  Estes minerais poden alcanzar o tamaño dun gran de area como o tamaño dunha perla. Isto fai máis dolorosa a súa saída xa que, normalmente, non se precisa de axuda médica porque elas soas saen polas vías urinarias, mais cando estas son moi grandes obstaculizan a saída das vías e teñen que romperse mediante ondas ou, nos peores dos casos, ter que quitalas por cirurxía. 


Os signos ou síntomas que produce os cálculos renais son maioritariamente dores como dor punzante nos costados e nas costas, dor prolongada na zona baixa do abdome, sensación de ardor ao ouriñar, sangue na urina, etc. Outros síntomas q non producen dor son a febre ou os calafríos, vómitos ou náuseas e cor anormal na urina. As causas de que se forme un cálculo renal son moi diversas. Entre elas temos a maior concentración da urina, sendo a auga incapaz de disolver todos as sales. Tamén algunhas de estas causas poden ser hederitarias. 

Os tipos de cálculos inflúen moito nas causas polas que se forma os minerais. Os cálculos renais divídense en catro tipos que son os seguintes: 

  • Cálculos de calcio son os máis frecuentes sobre todo en homes entre 20 e 30 anos. O calcio pode mesturarse con outros minerais, como o oxalato, para formar o cálculo.
  • Cálculos de cistina son os cálculos que se transmiten de forma hederitaria porque estes fórmanse por causa de unha enfermidade hederitaria, a cistinuria (forma cálculos con amoníaco).
  • Cálculos de estruvita prodúcense, maiormente, en persoas con infección recorrentes do tracto urinario. Estes cálculos forma minerais de gran extensión obstruíndo os riles, os uréteres e a vexiga.
  • Cálculo de ácido úrico presente principalmente nos homes. Prodúcese mediante a gota ou despois de algunha quimioterapia de algúns cánceres.




Para identificar os cálculos renais os médicos utilizan diversas probas ou exames. Algúns deles son:  análise de sangue para detectar niveis altos de sales, análise de urina para detectar cristais ou glóbulos vermellos e análise de cálculo para determinar o tipo. Tamén as obstrucións pódense ver en topografías do abdome, radiografía do abdome e ecografía do ril.


Os tratamentos depende do tipo de cálculo e da intensidade dos síntomas. Para empezar o tratamento paras os cálculos renais máis pequenos que, usualmente, saen sos polas vías urinarias. A urina débese coar para conservar os minerais para analizalos, tomar mínimo entre 6 e 8 vasos ao día para producir máis urina e eliminar máis facilmente o cálculo e tomar algún analxésico para os dores. Hai algúns casos que precisan de medicación a máis para impedir a súa formación ou para axudar a que os cálculos pasan entre as vías urinarias. Por último pódese facer como tratamento unha cirurxía pero só nestes casos: cálculo moi grande, crecemento deste, bloqueo das vías urinarias ou causar unha infección urinaria e dor incontrolable.


Para evitar  os cálculos renais podes beber abundante auga ata que a urina quede de cor amarela moi clariña ou transparente., entre uns 8 e 10 vasos ao día. No caso de pasarás un cálculo renal podes evitar algún alimento (falar cun nutricionista) ou o seu médico pode darlle algún medicamento.







O SUSURRO OCULTO DUN CORAZÓN FERIDO


 QUE É O CORAZÓN?

O corazón é un órgano do tamaño dun puño (dependendo da persoa) que bombea sangue por todo o corpo.

Está formado por 4 cámaras:
Estas cámaras teñen válvulas que péchanse con cada latido cardíaco, isto provoca que o sangue flúa nunha soa dirección.

SOPROS CARDÍACOS

Un sopro é un ruído asubiante que se escoita durante os latidos cardíacos. É ocasionado por un fluxo sanguíneo desigual a través das válvulas do corazón.

Os sopros poden suceder por moitas razóns, nas cales están os seguintes exemplos:
  • Cando unha válvula non pecha ven e a sangue devólvese (regurxitación).
  • Cando o sangue flúe a través dunha válvula estreita ou ríxida (estenose).
Os sopros cardíacos poden ser de nacemento (conxénito) ou desenvolverse durante a vida (adquirido).

Algúns sopros cardíacos son inofensivos. Este non resulta perigoso e non necesita tratamento, xa que non se considera como unha enfermidade.

SÍNTOMAS

Os sopros cardíacos inofensivos non soen provocar síntomas.

Entre os principais síntomas, podemos incluír os seguintes:
  1. Unllas ou labios de cor azul ou gris.
  2. Dor no peito.
  3. Tose.
  4. Mareos.
  5. Fígado inchado.
  6. Veas do pescozo inchadas.
  7. Desmaios.
  8. Suoración intensa con pouca ou ningunha actividade física.
  9. Nos bebés, pouco apetito e crecemento insuficiente.
  10. Falta de aire.
  11. Inchazón ou aumento de peso repentino.

CAUSAS

O sopro cardíaco prodúcese por un fluxo sanguíneo acelerado e axitado que vai en dirección ao corazón. Pode haber un sopro cardíaco nos seguintes casos:
  • Cando o corazón estase enchendo de sangue (sopro diastólico).
  • Cando o corazón estase baleirando (sopro sistólico).
  • Durante o latido cardíaco (sopro continuo).

SOPLO CARDÍACO INOFENSIVO (FUNCIONAL)

Os sopros cardíacos inofensivos son comúns en recén nacidos e en nenos.

Entre os factores que poden cambiar un fluxo sanguíneo e provocar un sopro cardíaco inofensivo, inclúese o seguinte:
    1. Febre.
    2. Falta de glóbulos vermellos saudables que transportan osíxeno aos tecidos do corpo (anemia).
    3. Unha glándula tiroides hiperactiva (hipertiroidismo).
    4. Fases de crecemento acelerado, como a adolescencia.
    5.  Actividade física ou exercicio.
6. Embarazo.

Os sopros cardíacos inofensivos poden desaparecer co tempo. Ás veces, os sopros cardíacos continúan toda a vida sen causar ningún tipo de problema de saúde grave.



SOPLOS CARDÍACOS QUE CAUSAN PREOCUPACIÓN

Nos nenos, os sopros que poden causar preocupación soen deberse a un problema relacionado coa estrutura do corazón que está presente no nacemento.

Entre as causas que que causan preocupación encontramos:
  • Orificios no corazón. Pode formarse un orificio antes do nacemento na parede que se encontra entre as cavidades superior e inferior do corazón, ou tamén en ambas.
  • Derivacións cardíacas. Un problema na estrutura cardíaca presente antes do nacemento provoca un fluxo sanguíneo irregular entre as cavidades sanguíneas ou nos vasos sanguíneos.
En adultos, os sopros cardíacos que causan preocupación soen deberse a problemas na válvula cardíaca que se desenvolven máis adiante durante a vida. 

Entre as cousas que poden danar as válvulas se inclúen:
  • Depósitos de calcio. Poden provocar que a válvula, como a mitral ou a aórtica, vólvase ríxida e estreita.
  • Infección do recubrimento interno do corazón e das válvulas (endocardite). As bacterias e outros xermes causan esta infección. Os xermes poden viaxar polo sangue ata o corazón desde calquera outra parte do corpo, como a boca. Pode ocorrer un sopro se a infección non se trata e afecta as válvulas cardíacas. Febre reumática. Trátase dunha complicación grave da farinxite estreptocócica. Cando a febre reumática afecta as válvulas cardíacas, chámase enfermidade cardíaca reumática. Un problema cunha válvula cardíaca pode causar un sopro.

PREVENCIÓN

Descoñécese como se poden previr os sopros cardíacos. Non obstante, adoptar un estilo de vida saudable pode mellorar a saúde cardíaca e axudar a previr algunhas condicións relacionadas cos sopros nos adultos. Nos nenos, moitos murmurios cardíacos desaparecen por si sos a medida que envellecen.

VÍDEO EXPLICATIVO




CANDO O CORAZÓN VAI COMA UNHA TARTARUGA

 


O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago,  provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.

Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:

  • Bloqueo AV tipo 1:  Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
  • Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:

    • Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
    • Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
  • Bloqueo AV tipo 3 ou completo: A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.





O DANO QUE PODE FACER ALGO TAN PEQUENO

 


A bacteria Helycobacter pylori, pertence ao grupo das Helicobacter, e o nome de pylori e posto pola estrutura da célula a cal soe atacar. A infección por esta bacteria sóese dar na infancia e ao redor da 10%-15% das persoas infectadas terminan con úlceras pépticas, que se son pequenas non teñen problema, pero se son mais grande pode causar moito sangrado.

Causas:

A infección por Helicobacter pylori prodúcese cando a bacteria infecta o estómago, e transmítese a través do contacto directo coa saliva, con vómito ou a través das feces.



Síntomas:

A maioría de persoas infectadas non presentan ningún síntoma, e se os presentan son parecidos aos de  gastroenteríte ou principio de úlcera. Entre eles están:


  • Dor e ardor no estómago (por debaixo do embigo)
  • Dor estomacal agudo e empeora ao ter o estómago baleiro
  • Inchazón abdominal

  • Vómito con sangue
  • Náuseas continuas

  • Perda de apetito
  • Complicación para inxerir líquidos

Tratamentos:

O tratamento que ten a infección por Helicobacter pylori e a través de antibióticos, tamén pódese integrar a dieta Bismuto que se atopa en cérelas, furta, patacas e incluso iogur.

Probas e exames: 

Para poder detectar esta bacteria, fanse unha serie de probas sanguíneas ou a través das feces para ver se se atopan anticorpos, tamén pódese facer unha biopsia onde se mira a ureasa a través da mostra extraída, pero ningún destas probas son cen por cen fiables, por exemplo a proba sanguínea ten un 84% de sensibilidade.





sábado, 22 de marzo de 2025

CANDO O ESTÓMAGO CRUZA A FRONTEIRA

 


A hernia de hiato é cando a parte superior do estómago sobresae a través do diafragma, que ten unha pequena apertura chamada hiato, polo que paso o esófago antes de conectarse co estómago. Na hernia de hiato o estómago sube a través desta abertura ao interior do peito.

Unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa problemas, é posible que nin sequera se coñeza a súa existencia a menos que a descubra un equipo médico. Mentres que unha hernia de hiato de grande tamaño pode causar acidez estomacal, ou se ten moito tamaño pode ser necesaria unha cirurxía.

TIPOS

Respecto a hernia de hiato podemos destinguir catro tipos:

  1. Hernia de hiato por esvaramento: é a máis común. Se despraza a través do hiato ao estómago xunto a unión gastroesofáxica.
  2. Hernia de hiato paraesofáxica: a unión gastroesofáxica segue no seu lugar, pero en cambio o fundus del estómago pasa a través do hiato esofáxico, é o que se hernie.
  3. Hernia de hiato mixta: é unha mestura entre os anteriores dous tipos.
  4. Hernia de hiato complexa: o que se hernia non é o estómago, senón que a través do hiato esofáxico se hernia calquera outro órgano abdominal.


SÍNTOMAS

Na maioría dos casos, unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa síntomas, pero as de un tamaño grande pode causar as seguintes:

  • Acidez estomacal.
  • Regurxitación: retroceso do fluxo de alimentos ou líquidos xa inxeridos.
  • Refluxo ácido: retroceso do ácido estomacal ao esófago.
  • Dificultade para tragar.
  • Dolor abdominal o no peito.
  • Sensación de saciedade pouco despois de comer.
  • Falta de aire.
  • Vómitos con sangue ou  feces de cor negro: poden indicar un sangrado no tubo dixestivo.

CAUSAS

Non se sabe ao cen por cen por que ocorre isto, pero coñécense unha serie de posibles causas, son as seguintes:

  • Cambios no diafragma pola idade.
  • Lesións nesta parte do corpo, por unha posible causa dun traumatismo ou cirurxía.
  • Nacemento cun hiato moi grande.
  • Constante e intensa presión nos músculos circundantes, por causa da tose, vómitos, moito esforzo ao defecar ou facer exercicio.

Hai uns factores de riscos nos que a hernia de hiato é máis común:

  • Ter 50 anos ou máis.
  • Padecer obesidade.

DIAGNÓSTICO

Polo usual, a hernia de hiato descóbrese por unha serie de procedementos ou probas, como por exemplo:

  • Radiografía do aparato dixestivo superior: o paciente debe beber un líquido esbrancuxado que recubre a mucosa interna do tubo dixestivo, que permite ver o contorno do esófago, estómago e do intestino delgado.
  • Endoscopia: procedemento polo que se observa o esófago e o estómago cun endoscopio, tubo largo e delgado cunha cámara, que se introduce pola garganta en busca dunha inflamación.   
  • Manometría esofáxica: proba que mide as contraccións musculares do esófago ao tragar, a parte de medir tamén a coordinación e a forza que utilizan os músculos do esófago.

TRATAMENTO

Maioritariamente, as persoas cunha hernia de hiato non presentan síntomas, polo que non necesitan tratamento. Se hai síntomas, como a acidez estomacal frecuente e o refluxo ácido, posiblemente sexa necesario o uso de medicamentos ou recorrir á cirurxía.

Os medicamentos recomendados se padece de síntomas son os seguintes:

  • Antiácidos que neutralizan o ácido estomacal
  • Medicamentos para reducir a produción de ácido: coñécense como bloqueadores dos receptores H2 e inclúen cimetidina, famotidina e nizatidina.
  • Medicamentos que bloquean a produción do ácido e curan o esófago: se coñecen como inhibidores da bomba de protóns, son máis fortes que os bloqueadores anteriores, e ademais danlle tempo ao tecido esofáxico danado a curarse. Inclúen o lansoprazol e o omeprazol.
Se no se amosa unha melloría cos medicamentos, recórrese á cirurxía. Isto implica empuxar o estómago ao abdome e reducir o tamaño da abertura do diafragma. Aínda que tamén pode implicar remodelar os músculos da parte inferior do esófago, que axuda a impedir o regreso do contido estomacal ao esófago.

A cirurxía pode realizarse mediante unha soa incisión na parede torácica, chamada toracotomía. Tamén pode realizarse inserindo unha cámara e instrumentos especiais a través de varias incisións pequenas no abdome, procedemento chamado laparoscopia.

ESTILO DE VIDA E REMEDIOS CASEROS

Para poder axudar a controlar os síntomas da hernia de hiato realizar algúns cambios no estilo de vida pode contribuír no seu control, como por exemplo:

  • Realizar varias comidas pequenas no día en vez de poucas comidas abundantes.
  • Deixar de consumir alimentos que provoquen acidez estomacal, como os alimentos grasosos o frituras, a salsa de tomate, o alcohol, chocolate, a menta,...
  • Evitar recostarte despois de comer ou comer tarde no día.
  • Manter un peso equilibrado e saudable.
  • Evitar o tabaco e outros tipos de substancias.
  • Elevar a cabeceira da cama 20 cm.





xoves, 20 de marzo de 2025

A BATALLA DIARIA CONTRA O MEDO Á COMIDA

 



O Trastorno da Inxestión de Alimentos por Evitar/Restritivo (ARFID), coñecido anteriormente como "Trastorno da Alimentación Infantil Temprana" é unha condición na que as persoas limitan a cantidade ou variedade de alimentos que comen, o que pode provocar unha mala nutrición, perda de peso e problemas sociais. A diferenza doutros trastornos alimentarios como a anorexia nerviosa ou a bulimia, ARFID non é unha preocupación polo peso corporal ou a aparencia.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes coa comida e poden non mostrar moito interese nela. Moitas veces comen só unha pequena variedade de alimentos, o que pode afectar o seu crecemento e saúde xeral. Os motivos de ARFID non están relacionados con problemas de imaxe corporal, pero poden incluír sensibilidades sensoriais, experiencias negativas pasadas coa comida ou simplemente a falta de interese por comer.


Ser exquisito e ter ARFID, e o mesmo?

O ARFID é diferente do que se coñece como "comida esixente", que é común en bebés e nenos pequenos e adoita desaparecer co paso do tempo. No caso do ARFID, os problemas son moito máis graves e duran máis tempo, provocando tanto dificultades sanitarias como sociais e emocionais. A diferenza da alimentación esixente, que os nenos adoitan superar, ARFID implica comer poucos alimentos, o que pode causar problemas de nutrición, un aumento ou unha perda de peso escasa e dificultades na escola, no traballo ou en situacións sociais.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes co que comen e non teñen moito interese na comida. Adoitan alimentarse dunha variedade moi limitada de alimentos, o que afecta o seu crecemento e benestar. As causas do ARFID non teñen nada que ver coa imaxe corporal, senón que poden deberse á sensibilidade sensorial, a malas experiencias coa comida ou simplemente a non ter ganas de comer.

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

  A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...